Isabel II de Inglaterra | |
---|---|
Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte | |
Isabel II do Reino Unido | |
Reinado | 6 de febreiro de 1952 - 8 de setembro de 2022 (falecemento) |
Coroación | 2 de xuño de 1953 |
Nome completo | Elizabeth Alexandra Mary of Windsor |
Nacemento | 21 de abril de 1926 Mayfair, Londres |
Falecemento | 8 de setembro de 2022 (96 anos) Balmoral, Escocia |
Sepultura | Mayfair, Londres |
Predecesor | Xurxo VI |
Sucesor | Carlos III |
Cónxuxe/s | Filipe de Edimburgo |
Casa real | Casa de Windsor |
Himno real | «God Save the Queen» |
Proxenitores | Xurxo VI Isabel Bowes-Lyon |
Escudo de Isabel II do Reino Unido | |
Na rede | |
| |
Isabel II[1] ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, e finada o 8 de setembro de 2022 en Balmoral, Escocia,[2] foi unha monarca inglesa. Foi raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Belize, Canadá, Granada, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón, Tuvalu e Xamaica.
Tamén foi a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
Asumiu os seus títulos despois da morte do seu pai, o rei Xurxo VI o 6 de febreiro de 1952. É filla de Elizabeth Bowes-Lyon, irmá de Patrick, 15º conde de Strathmore.
Isabel foi a primeira filla do príncipe Alberte, duque de York (máis tarde rei Xurxo VI) e a súa esposa Isabel, duquesa de York (máis tarde raíña Isabel). O seu pai era o segundo fillo do rei Xurxo V e da raíña María, e súa nai era a filla máis nova do aristócrata escocés Claude Bowes-Lyon, XIV conde de Strathmore e Kinghorne. Isabel naceu por cesárea ás 2:40 GMT o 21 de abril de 1926 na casa londiniense do seu avó materno no número 17 de Bruton Street, Mayfair.[3] Logo, residiu brevemente nunha vivenda adquirida polos seus pais pouco despois do seu nacemento no número 145 de Piccadilly en Londres e na residencia White Lodge en Parque Richmond.[4] O 29 de maio de 1926, o arcebispo de York, Cosmo Lang, bautizouna baixo a relixión anglicana na capela privada do Palacio de Buckingham (destruída durante os bombardeos de Londres na segunda guerra mundial).[5][a] Foi nomeada «Isabel» en honra a súa nai, «Alexandra» pola nai de Xurxo V (súa bisavoa paterna), que falecera seis meses antes e «Mary» pola súa avoa paterna.[6] Na intimidade, era chamada «Lilibet».[7] Xurxo V apreciou moito á súa neta e durante a súa grave enfermidade en 1929, as súas visitas periódicas eleváronlle o ánimo e favorecéronlle na súa recuperación, segundo acreditaron a prensa pública e os seus biógrafos posteriores.[8]
A única irmá de Isabel foi a princesa Margarita, nacida en 1930. Ambas foron educadas na súa casa a supervisión de súa nai e Marion Crawford, a súa institutriz chamada informalmente «Crawfie».[9] As clases concentrábanse principalmente en historia, lenguaxe, literatura e música.[10] Para consternación da familia real,[11] Crawford máis tarde publicou un libro biográfico sobre os primeiros anos de Isabel e Margarita titulado The Little Princesses. O libro describe o amor de Isabel polos cabalos e os cans, a súa disciplina e a súa actitude de responsabilidade.[12] Outros fixeron eco de tales observacións: Winston Churchill describiu a Isabel cando tiña dous anos como «un personaxe. Ten un aire de autoridade e reflexión sorprendentes para un neno».[13] Súa prima Margaret Rhodes describiúna como «unha nena alegre pero, fundamentalmente, sensible e de bo comportamento».[14]
Xunto ao seu esposo, o duque de Edimburgo, a raíña tivo catro fillos. Ademais, o matrimonio ten oito netos e oito bisnetos.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isabel II do Reino Unido |