Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de maio de 1904 Charleston, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 28 de setembro de 1948 (44 anos) Santa Monica, Estados Unidos de América |
Causa da morte | trombose coronariana (pt) |
Lugar de sepultura | Hollywood Forever Cemetery (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Campo de traballo | Filme |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
Ocupación | director de fotografía , director de cinema |
Período de actividade | 1926 - 1948 |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios
| |
|
Gregg Wesley Toland, nado en Charleston, Illinois, o 29 de maio de 1904 e finado nos Ánxeles o 28 de setembro de 1948, foi un director de fotografía estadounidense, coñecido polo seu uso innovador da iluminación e técnicas como a profundidade de campo.
En 2003 International Cinematographers Guild votou a Toland como un dos dez directores de fotografía máis influentes da historia xunto con James Wong Howe, Gordon Willis, Sven Nykvist, Vittorio Storaro e Vilmos Zsigmond.[1][2]
Toland naceu en Charleston, Illinois, fillo de Jennie, unha ama de chaves, e Frank Toland. A súa nai mudouse a California varios anos despois de que os seus pais se divorciasen en 1910.
Toland demostrou por primeira vez o seu estilo de clarescuro con luz lateral na curtametraxe The Life and Death of 9413: a Hollywood Extra (1928), en que unha das dúas bombillas de 400 W que tiñan dispoñibles se queimou, deixando só unha bombilla para iluminar.
Durante a década de 1930, Toland converteuse no camarógrafo máis novo de Hollywood, mais axiña tamén pasou a ser un dos máis solicitados. Durante un período de sete anos (1936–1942), foi candidato en cinco ocasións ao Óscar á mellor fotografía, gañándoo por Wuthering Heights. Traballou con moitos dos grandes directores da época, incluídos John Ford, Howard Hawks, Erich von Stroheim, King Vidor, Orson Welles e William Wyler.
Dous dos seus traballados máis destacados foron The Long Voyage Home e Cidadán Kane. En ambos os filmes, os directores John Ford e Orson Welles acreditaron a Toland en pantalla ao mesmo tempo e no mesmo tamaño que a súa acreditación como directores, un tributo pouco habitual.
Cando Franklin Delano Roosevelt creou a Office of the Coordinator of Information (predecesora da Office of Strategic Services e da Central Intelligence Agency) antes da entrada dos Estados Unidos na segunda guerra mundial, Toland foi recrutado para traballar na unidade cinematográfica da axencia.[3] Toland foi nomeado tenente no departamento de cámara da mariña, para o que realizou o seu único traballo como director, December 7th: The Movie (1943); este documental sobre o ataque a Pearl Harbor codirixido por John Ford é tan realista que foi tomado por imaxes reais do ataque. A versión de 20 minutos do filme (orixinalmente, de 82 minutos) gañou o Óscar á mellor curtametraxe documental.[4]
Toland faleceu mentres durmía o 28 de setembro de 1948, por mor dunha trombose coronaria aos 44 anos. Está enterrado no Hollywood Forever Cemetery de Hollywood, California.[5][6]
Ano | Título | Director | Notas |
---|---|---|---|
1928 | The Life and Death of 9413: A Hollywood Extra |
Robert Florey Slavko Vorkapić |
codirector de fotografía con Paul Ivano |
1929 | Queen Kelly | Erich Von Stroheim | sen acreditar director de fotografía do final europeo dirixido por Richard Boleslawski |
1929 | The Trespasser | Edmund Goulding | codirector de fotografía con George Barnes |
1929 | Bulldog Drummond | F. Richard Jones | |
1929 | This Is Heaven | Alfred Santell | |
1929 | Condemned | Wesley Ruggles | |
1930 | Raffles | George Fitzmaurice | |
1930 | Whoopee! | Thornton Freeland | codirector de fotografía con Lee Garmes e Ray Rennahan |
1930 | The Devil to Pay! | George Fitzmaurice | codirector de fotografía con George Barnes |
1931 | Indiscreet | Leo McCarey | codirector de fotografía con Ray June |
1931 | One Heavenly Night | George Fitzmaurice | codirector de fotografía con George Barnes |
1931 | Street Scene | King Vidor | |
1931 | Palmy Days | A. Edward Sutherland | |
1931 | The Unholy Garden | George Fitzmaurice | |
1931 | Tonight or Never | Mervyn LeRoy | |
1932 | Play-Girl | Ray Enright | |
1932 | Man Wanted | William Dieterle | |
1932 | The Tenderfoot | Ray Enright | |
1932 | The Washington Masquerade | Charles Brabin | |
1932 | The Kid from Spain | Leo McCarey | |
1933 | The Masquerader | Richard Wallace | |
1933 | The Nuisance | Jack Conway | |
1933 | Tugboat Annie | Mervyn LeRoy | |
1933 | Roman Scandals | Frank Tuttle | |
1934 | Nana | Dorothy Arzner George Fitzmaurice |
|
1934 | Lazy River | George B. Seitz | |
1934 | We Live Again | Rouben Mamoulian | |
1934 | Forsaking All Others | W. S. Van Dyke | |
1935 | Les Misérables | Richard Boleslawski | |
1935 | Public Hero No. 1 | J. Walter Ruben | |
1935 | The Dark Angel | Sidney Franklin | |
1935 | Splendor | Elliott Nugent | |
1935 | Mad Love | Karl Freund | |
1935 | The Wedding Night | King Vidor | |
1936 | Camiño da gloria | Howard Hawks | |
1936 | These Three | William Wyler | |
1936 | Come and Get It | Howard Hawks William Wyler |
codirector de fotografía con Rudolph Maté |
1936 | Beloved Enemy | H. C. Potter | |
1937 | History Is Made at Night | Frank Borzage | codirector de fotografía con David Abel |
1937 | Woman Chases Man | John G. Blystone | |
1937 | Rúa sen saída | William Wyler | |
1938 | The Goldwyn Follies | George Marshall | |
1938 | Kidnapped | Alfred L. Werker | |
1938 | The Cowboy and the Lady | H. C. Potter | |
1939 | Intermezzo | Gregory Ratoff | |
1939 | Cumes borrascosos | William Wyler | |
1939 | Raffles | Sam Wood | |
1939 | They Shall Have Music | Archie Mayo | |
1940 | As uvas da ira | John Ford | |
1940 | The Long Voyage Home | ||
1940 | O forasteiro | William Wyler | |
1940 | The Outlaw | Howard Hughes | estreado en 1943 |
1941 | Cidadán Kane | Orson Welles | |
1941 | A loba | William Wyler | |
1941 | Bóla de fogo | Howard Hawks | |
1943 | December 7th: The Movie | Gregg Toland John Ford |
codirector e director de fotografía |
1946 | Os mellores anos da nosa vida | William Wyler | |
1946 | Song of the South | Harve Foster | |
1946 | The Kid from Brooklyn | Norman Z. McLeod | |
1947 | The Bishop's Wife | Henry Koster | |
1948 | A Song is Born | Howard Hawks | |
1948 | Enchantment | Irving Reis |
Ano | Categoría | Filme | Resultado | Ref. |
---|---|---|---|---|
1935 | Mellor fotografía | Les Misérables | Nomeado | [7] |
1937 | Mellor fotografía | Dead End | Nomeado | |
1939 | Mellor fotografía en branco e negro | Wuthering Heights | Gañador | |
Intermezzo: A Love Story | Nomeado | |||
1940 | The Long Voyage Home | Nomeado | ||
1941 | Cidadán Kane | Nomeado | ||
1943 | Mellor curtametraxe documental | December 7th: The Movie | Gañador | [4] |