Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
A glomerulonefrite membranoproliferativa (GMP), tamén coñecida coma glomerulonefrite mesanxiocapilar é unha glomerulonefrite (inflamación do glomérulo renal) caracterizada por depósitos na membrana basal glomerular e no mesanxio do ril.[1]
Esta glomerulonefrite é a responsábel dun 4% dos casos de síndrome nefrítica en nenos, e dun 7% destas en adultos.[2]
Non ha de ser confundida coa glomerulonefrite membranosa, onde a membrana basal glomerular está afecta, mais non o mesanxio.
É, de lonxe, o tipo máis común. É causado por depósitos de inmunocomplexos no ril. Está caracterizada polo depósito mesanxial e subendotelial destes inmunocomplexos.
Crese que está asociado á [[vía clásica do complemento.[3]
A tipo II (ás veces chamada tamén "doenza de depósitos densos"[4]) é semellante á tipo I. Porén, crese asociada á vía alternativa do complemento.[5][6]
A remision espontánea neste tipo é infrecuente. De feito, o 50% dos doentes evolucionarán a insuficiencia renal crónica terminal nun prazo de 10 anos.[7]