George Lazenby
Nome completoGeorge Robert Lazenby
Nacemento5 de setembro de 1939
LugarGoulburn
NacionalidadeAustralia
Cónxuxe(s)Pam Shriver
Profesiónactor, modelo, actor de cinema, guionista e actor de televisión
Na rede
http://www.bondstars.com/georgelazenby/index.htm
IMDB: nm0493872 Allocine: 30335 Rottentomatoes: celebrity/george_lazenby Allmovie: p41054 TCM: 110178 TV.com: people/george-lazenby
Musicbrainz: 2a979abd-1d8e-4cf6-bbe5-f46a835c2a48 WikiTree: Lazenby-296 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

George Robert Lazenby, nado en Goulburn, Nova Gales do Sur, o 5 de setembro de 1939,[1] é un actor australiano, coñecido principalmente por ter interpretado a James Bond no filme No servizo secreto da súa maxestade, do ano 1969, sendo ademais o actor máis novo en encarnalo.

Traxectoria

Despois de deixar o colexio, traballou como vendedor e repartidor na Morris Motor Company de Camberra. Traballou tamén como instrutor de esquí, disciplina na que gañou varias competicións e chegou a tocar o baixo nun grupo chamado The Corvettes. Lazenby serviu nas Forzas de Operacións Especiais do Exército de Australia, no que acadou o rango de sarxento e chegou a ser instrutor de combate corpo a corpo. En 1964, conseguiu un emprego de modelo en Londres, onde se mudou e fixo ademais algún anuncio publicitario. En 1968, Lazenby converteuse no modelo mellor pagado do mundo (durante 1967, chegou a cobrar 40 000£ como modelo e outras 60 000£ de anuncios publicitarios e promocións de produtos —cantidades equivalentes a máis dun millón de libras esterlinas no presente). Lazenby tamén encarnou ao home Marlboro.

Malia protagonizar No servizo secreto da súa maxestade (1969) e The Kentucky Fried Movie (1977) (producións que recadaron máis de 100 millóns de dólares en todo o mundo durante os anos 1970), a carreira de actor de Lazenby non gozou de moita prosperidade.

Notas

  1. "www.zimbio.com. A quick run down on George Lazenby as James Bond". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2008. Consultado o 9 de novembro de 2008. 

Véxase tamén

Ligazóns externas