007 contra o doutor No | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Dr. No |
Director | Terence Young |
Produtor | Harry Saltzman Albert R. Broccoli |
Guión | Richard Maibaum Johanna Harwood Berkely Mather |
Baseado en | Dr. No de Ian Fleming |
Intérpretes | Sean Connery Joseph Wiseman Ursula Andress Jack Lord John Kitzmiller |
Música | Monty Norman |
Fotografía | Ted Moore |
Montaxe | Peter R. Hunt |
Estudio | Eon Productions |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 109 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Acción, Intriga |
Orzamento | $1 100 000 |
Recadación | $59 500 000 |
Filme seguinte | Desde Rusia con amor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
007 contra o doutor No (en inglés: Dr. No) é un filme británico dirixido por Terence Young que se estreou en 1962. Baséase na novela Dr. No de Ian Fleming. Primeiro filme baseado no personaxe James Bond. Estreouse en galego na TVG o 17 de marzo de 2008.[1]
James Bond chega a Xamaica coa misión de pescudar sobre os asasinatos cometidos por un axente especial británico e a súa secretaria. Mais, ó mesmo tempo, descobre a existencia dunha sinistra organización na illa Crab Key. Nesta ocasión o seu inimigo é o Doutor No, que, axudado polo seu cómplice, o profesor Dent, proponse executar un sinistro plan: desviar a traxectoria dos foguetes de Cabo Cañaveral.