Follas Novas: Revista de Estudos Rosalianos
PaísEspaña
Lugar de publicaciónPadrón
Lingualingua galega
Especialidadeliteratura
Fundación2016
Desenvolvemento
PublicadorFundación Rosalía de Castro e a Casa de Rosalía
Circulación
Frecuenciaanual
ISSN2530-3813
OCLC982069779
editar datos en Wikidata ]

Follas Novas, subtitulada Revista de Estudos Rosalianos, é un anuario dirixido por Xosé Luís Axeitos que botou a andar en 2016, editado pola Fundación Rosalía de Castro e a Casa de Rosalía, de Padrón. A publicación, que leva o nome dun das principais obras de Rosalía de Castro, o poemario Follas novas, é continuadora doutra de periodicidade irregular, a Revista de Estudios Rosalianos, dirixida por Xesús Alonso Montero, da que saíran en total catro números (nos anos 2000, 2002, 2008 e 2011).

Descrición

O seu director é Xosé Luís Axeitos. O consello de redacción está formado por Anxo Angueira, Xosé Carlos Beiró Piñeiro, Lydia Fontoira Surís e Pilar García Negro e compoñen o comité científico: Xosé Ramón Barreiro, Luís Cochón, Catherine Davies, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, María Xesús Lama, Aurora López, Kathleen March, Marina Mayoral, Xosé Luís Méndez Ferrín, Camiño Noia, Andrés Pociña, María do Cebreiro, Francisco Rodríguez Sánchez, Ana Rodríguez Fischer e Dolores Vilavedra.

Números

Número 1. Ano 2016

Patrocinado polo concello de Rianxo, contén os seguintes artigos:

Número 2. Ano 2017

Co patrocinio do concello de Padrón.

Número 3. Ano 2018

Patrocinado polo concello de Rois.

Carta inédita de Rosalía a Villaamil.

Número 4. Ano 2019

Co patrocinio do concello de Dodro.

Número 5. Ano 2020

Co patrocinio do concello de Santiago de Compostela.

Número 6. Ano 2021

Co patrocinio do concello de Boiro.


Véxase tamén

Ligazóns externas