Coordenadas: 42°44′44″N 8°39′19″O / 42.74555556, -8.65527778
O cemiterio de Adina é un camposanto situado en Iria Flavia. En 1975 foi declarada Ben de Interese Cultural a igrexa de Santa María de Iria Flavia e o seu contorno, do que o cemiterio de Adina forma parte.[1][2]
O simiterio da Adina |
Encóntranse en Adina sartegos datados entre os séculos VI e X que conforman unha necrópole cristiá[4] de época romana tardía e sueva.[1][5][6]
Rosalía de Castro dispuxo ser soterrada neste cemiterio trala súa morte en 1885,[7] non obstante os seus restos foron exhumados en 1891 para ser trasladados ó Panteón de Galegos Ilustres.[8] No camposanto de Adina foi tamén soterrado o mestre e filántropo José María Vidal Cepeda.[9] No cemiterio quixo Camilo José Cela ser enterrado o pé dunha oliveira e a carón dos seus devanceiros,[10] entre os que se atopan John Trulock e Camilo Bertorini.[11]
O 23 de agosto de 1975 foi declarada Ben de Interese Cultural a igrexa de Santa María de Iria Flavia e o seu contorno, do que forman parte o cemiterio de Adina e a casa dos cóengos, ó ser un conxunto arqueolóxico, histórico e artístico singular.[1][2] As oliveiras centenarias de Adina están consideradas árbores senlleiras de Galicia.[12]
Decreto 2494/1975, do 23 de agosto, polo que se declara monumento histórico-artistico de caracter nacional a ex-colexiata de Santa María de Iria Flavia, co seu contorno, en Padrón (A Coruña)
Código: RI-51-0004179
Código 65A
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cemiterio de Adina |