Fanta | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 1940 ![]() |
Matriz | The Coca-Cola Company |
Fundador | Max Keith |
Industria | Alimentación |
Produtos | Refrescos de distintos sabores |
Na rede | |
http://fanta.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Fanta é unha marca e empresa de bebidas refrescantes propiedade de Coca-Cola. Os sabores máis coñecidos son os de limón e laranxa aínda que hai máis de 70 sabores, con variantes para mercados locais. Véndese en formato botella de plástico e lata. Existe tamén o formato botella de vidro para hostalería e o xarope concentrado para surtidor ao que se engade auga e gas.
As orixes da marca están nos inicios da segunda guerra mundial. Co bloqueo económico a fábrica de Coca-Cola en Alemaña quedou illada da empresa dos Estados Unidos. Non tendo acceso ás materias primas necesarias para fabricar Coca-Cola, decidiron sacar un produto alternativo coas materias ás que tiñan acceso.
O nome da empresa veu dun concurso interno no que se pedía aos traballadores que propuxeran un novo nome deixando voar a súa fantasía (en alemán fantasie) do cal xurdiu Fanta.
Rematada a segunda guerra mundial Coca-Cola recuperaría o control das súas fábricas en Alemaña e continuaría coa produción de Fanta. En 1961, chegaría a España o sabor a laranxa e en 1962 o sabor a limón.
Os ingredientes varían duns países a outros, a receita básica contén:
A diferenza das variedades europeas, en Latinoamérica non contén zume de laranxa nin polpa, coma a Fanta comercializada en Europa similar á Orangina, Mirinda, Kas ou TriNa.[Cómpre referencia]
Hai estudos que indican que o colorante E104, chamado amarelo de quinoleína, incrementa a hiperactividade dos nenos e causa dermatite.[1] O uso deste colorante está prohibido nos Estados Unidos, Australia, o Xapón e Noruega.[2] Conter E104 é unha das causas polas que non existe Fanta Limón en numerosos países.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fanta ![]() |