Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo.
Estrella Galicia

Fábrica de Estrella Galicia na Grela, A Coruña.
TipoSociedade anónima unipersoal
Fundación1906
MatrizHijos de Rivera S.A.
LocalizaciónPolígono da Grela 15008 A Coruña Galicia Galicia
Persoas claveIgnacio Rivera Quintana (presidente executivo actual)
IndustriaAlimentación cervexa
ProdutosEstrella Galicia; 1906; HR; River; River Zero; auga de Cabreiroá; sidra Manzanova
Beneficio329.453.019 euros (en 2015 en todo o grupo)[1]
Número de empregados877 (2014, en todo o grupo)[2]
Na rede
http://www.estrellagalicia.es/
Facebook: 100064504851816 Twitter: Estrellagalicia Instagram: estrellagalicia Youtube: UCHlL0UhfiIqvZujeslApnAQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Estrella Galicia é unha marca de cervexa fabricada pola empresa galega Hijos de Rivera S.A. con sede no Polígono de Agrela na Coruña. É unha cervexa loura que posúe unha gradación alcohólica de 6,5 graos e un característico sabor amargo lembranza do lúpulo empregado na súa orixe e que se cultivaba en Betanzos.

Historia

[editar | editar a fonte]

Despois do seu regreso de México a finais do século XIX, José Rivera Corral fundou en 1906 a fábrica de La Estrella de Galicia na zona coruñesa de Catro Camiños, dedicada á fabricación de cervexas e xeo. O nome facía referencia ao que fora o seu negocio en Veracruz, La Estrella de Oro, que apostaba por un produto naqueles tempos de consumo moi reducido.

En 1920, Ramón Rivera Illade converteuse nun dos primeiros Mestres Cervexeiros de España. Un ano despois a produción pasou de 1751 hl/ano a máis de 7 000 grazas aos coñecementos técnicos de Ramón Rivera, que modernizou a fábrica e ampliou a catro a gama de receitas: Pilsen, Múnic, Bock e Dobre Bock. En 1925, inaugurouse o primeiro merendeiro ao aire libre, orixe da actual cervexaría de Catro Camiños.

Antigo camión de repartimento de Estrella Galicia na Coruña.
Tapa de rexistro de Estrella Galicia no polígono de Agrela.

En 1941, debido á situación económica tras a fin da guerra civil española e o inicio da Segunda guerra mundial que causaron un desabastecemento de auga e cebada, La Estrella de Galicia detivo a súa produción por única vez na súa historia, se ben mantivo todos os empregos. En 1949 a terceira xeración da familia Rivera entrou na dirección da compañía. En 1962 levouse a cabo a gran remodelación da fábrica de Catro Camiños, que se mantivo ata que en 1969 comezou a construción dunha nova fábrica en Agrela, que supuxo un grande avance en tamaño e tecnoloxía.

En 1971 a marca comercial La Estrella de Galicia cambiou o seu nome á forma abreviada Estrella Galicia, e introduciu o lema Elaborado por Hijos de Rivera. Co traslado en 1972 á nova fábrica comezouse a producir un novo tipo de cervexa, a Especial Rivera, que se converteu no produto máis emblemático da marca. En 1979 apareceu o primeiro envasado en lata.

En 1982, presentouse a cervexa Extra La Colorada e a primeira Estrella de Navidad. En 1985 emitiuse o primeiro anuncio televisivo de Estrella de Galicia na Televisión de Galicia. En 1988 produciron a primeira cervexa sen alcohol, a Estrella Galicia Sin. En 1993, conmemorando o ano de fundación da empresa, presentouse a cervexa 1906 Reserva Especial.

En 1999, Jose María Rivera Trallero pertencente á cuarta xeración da familia Rivera, foi elixido Director Xeral. Ese mesmo ano naceu a cervexa sen pasteurizar Estrella Galicia Cerveza de Bodega, que se serve por primeira vez na cervexaría de Catro Camiños.

En 2004, Hijos de Rivera puxo en marcha o proxecto de recuperación do lúpulo en Galicia, como tributo a José María Rivera Corral, pioneiro do cultivo do lúpulo en España. En 2007 José María Rivera Trallero foi nomeado conselleiro delegado e Ignacio Rivera Quintana converteuse no novo director xeral de Hijos de Rivera.

En 2011, creouse a corporación Hijos de Rivera, presidida por Santiago Ojea, e baseada en dous alicerces: Hijos de Rivera, S.A.U. e HR Inversiones Corporativas. Nese mesmo ano lanzouse a primeira campaña nacional e presentouse a Estrella Galicia 0´0.

En 2012, Ignacio Rivera Quintana foi nomeado Conselleiro Delegado. Comezou unha expansión nacional e no ámbito internacional os produtos chegaban xa a máis de 30 países de todo o mundo. Tamén neste ano tivo lugar a incorporación do primeiro membro da quinta xeración da familia Rivera.

En 2013, recuperouse a receita de La Colorada, 1906 Red Vintage, e comezou a funcionar a nova planta de cocemento da fábrica de Agrela, que permitiu duplicar a produción. En 2014 presentaron a súa primeira cervexa negra, no 2015 a primeira cervexa sen glute, no 2016 recuperaron a receita orixinal para conmemorar o seu 110 aniversario, e no 2017 presentaron a súa primeira cervexa elaborada con pementos de Padrón.

En 2017, a produción de Estrella Galicia acadou os 278 millóns de litros.

Tipos de cervexa

[editar | editar a fonte]
Camión de Estrella Galicia.

Cervexas especiais e edicións especiais

[editar | editar a fonte]

Estrella Galicia no deporte

[editar | editar a fonte]

Estrella Galicia ten unha grade aposta co patrocinio deportivo como un xeito de conectarse co seu público. Intentan comezar cos atletas desde cero, desde a base, o que non significa que algúns se convertan en campións do mundo como Marc Márquez ou estean na elite do seu deporte como Carlos Sainz. Prestan un especial atención ao deporte galego: no fútbol (Deportivo, Celta e Lugo), baloncesto (Obradoiro CAB) ou hockey (Club Liceo).

Constitúe case o 50% do investimento en mercadotecnia. Un dos territorios nos que a marca está máis presente é o motor, tanto na Fórmula 1 (Renault e Carlos Sainz) como en MotoGP (Estrella Galicia 0,0 Marc VDS ou Marc Márquez), así como noutras disciplinas. Xa que os deportes de motor teñen moitos valores cos que se identifican, o esforzo, o traballo en equipo, o mundo sen alcohol, ou o desenvolvemento do talento desde cedo.

Mercadotecnia

[editar | editar a fonte]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo.

O patrocinio do produto a través de series de televisión como pode ser a serie La que se avecina ou La casa de papel da produtora Netflix fixo que Estrella Galicia fixese un crecemento directo fronte a outras cervexas. Na década 2010-2020 tivo campañas a nivel estatal como "a túa vida en cifras" ou "Únete á resistencia".

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Ardán 2017 Informe Económico y de Competitividad, páxina 200
  2. Hijos de Rivera bate un nuevo récord con 280 millones en ventas, un 22% más, en 2014 laopinioncoruna.es
  3. Culleredo apuesta por la cooperativa (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]