Engo | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Inflorescencia de engo | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Sambucus ebulus L. |
O engo ou sabugueiriño[1], (Sambucus ebulus) é unha especie herbácea das caprifoliáceas, nativas do sur e centro da Europa e do suroeste de Asia, semellante ao sabugueiro (co que comparte xénero: Sambucus) mais coas follas máis estreitas e longas que despiden un cheiro fétido. Aparece en Galiza onde tamén se coñece polo nomes de irgo, nabo naveao ou sabuguiño.
Medra até os 2 m de altura, con talos erectos, usualmente simples, que xorden de rizoma reptante. As follas son opostas, con estípulas, de 5-16 x 1-4,5 cm e formadas por 5-13 folíolos de beiras serradas. Florece en maio-agosto, cando o talo remata nunha inflorescencia corimbosa, de flores brancas ou rosaceas, de 5–16 cm de diámetro. Froito en baga negra.
Engo e irgo son verbas cognatas do castelán yezgo, asturiano yeldu, dunha variante *educu do galo edocos.[2] O nome sabugueiriño é o máis normativo.