Eladia Pedrayo e Enrique Otero. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de febreiro de 1859 Ourense, España |
Morte | 4 de febreiro de 1957 (97 anos) Ourense, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Enrique Otero Sotelo |
Fillos | Ramón Otero Pedrayo |
Pais | Ramón Pedrayo Silva e Antonia Ansoar Rañoy |
Irmáns | Ricardo Pedrayo Ansoar, María de las Nieves Pedrayo Ansoar e Lucila Pedrayo Ansoar |
María Eladia Ramona Pedrayo Ansoar, nada en Ourense o 18 de febreiro de 1859 e finada en Ourense o 4 de febreiro de 1957, foi un membro da burguesía ourensá da época, máis coñecida por ser a nai de Ramón Otero Pedrayo.
Nada en Ourense, foi bautizada como Eladia Ramona na igrexa de Santa Eufemia do Centro o 19 de febreiro de 1859.[1] Era filla do avogado ourensán Ramón Mª Pedrayo Silva, que tivo o seu bufete nun dos edificios da Praza Maior de Ourense, foi decano da Xunta de Goberno do Ilustre Colexio de Avogados de Ourense, presidente do Casino de Ourense[1] e mesmo chegou a ser alcalde da cidade en 1860.[2] A súa nai, Antonia Ansoar, morreu con 38 anos, deixando orfa de mai a Eladia cando esta non tiña seis anos, no ano 1864.[3] Eladia tivo tres irmáns: Ricardo, Nieves e Lucila.[1]
Casou con Enrique Otero Sotelo en 1883. Segundo afirma Ramón Otero Pedrayo a parella tivera un fillo anterior a el mesmo, pero este morrera ao pouco de nacer.[4] Enviuvou o 28 de maio de 1904.[2] Logo da morte do seu esposo fíxose cargo do goberno da casa e rendas da familia en Trasalba.
Faleceu cando lle faltaba pouco para cumprir os 98 anos, o 4 de febreiro de 1957. A súa saúde empeorara logo dunha caída no xardín de Trasalba tras a que tivo que ser hospitalizada. Foi soterrada no Cemiterio de San Francisco de Ourense[1] coa presenza de numerosas personalidades vindas de diferentes puntos de Galicia. Tamén se estableceu a suspensión das aulas no Instituto de Ourense en sinal de loito.[5]