Coordenadas: 42°19′56″N 7°51′50″O / 42.332222222222, -7.8638888888889

IES Otero Pedrayo
Enderezo
Rúa Padre Feijoo, n° 12, 32005-Ourense
Datas
Creación1845
Edificio actual1927
Educación
EnsinanzasEducación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Ciclos Formativos
Xestión
TipoPúblico
Xunta de Galicia
Na rede
http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/index.php

O IES Otero Pedrayo de Ourense é un centro de ensino secundario situado en Ourense e pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia e á dos institutos históricos de Galicia. Leva o nome do escritor Ramón Otero Pedrayo. Localízase a carón do Xardín do Posío, situado no barrio do mesmo nome. No centro impártese educación secundaria obrigatoria e Bacharelato.

Historia

[editar | editar a fonte]

Este edificio foi construído en varias etapas ao longo do tempo para albergar estudos de ensino medio na cidade de Ourense. O instituto foi creado por Real Orde do 30 de outubro de 1845 ao abeiro do Plan Xeral de Estudos (plan Pidal), que creaba un centro de ensino secundario en cada capital de provincia. Nun principio situouse no antigo convento de San Fernando, dos xesuítas (actual rúa de Valentín Lamas Carvajal), compartindo instalacións coa Biblioteca Pública e co Seminario Conciliar[1].

En 1869 a Deputación de Ourense decidiu destinar fondos para construír o edificio actual. O edificio inaugurouse en 1896, e comezou albergando o Instituto de 2ª Ensinanza, a Escola de Artes e Oficios, a Escola Normal de Mestres e a Biblioteca Pública.[2] No curso 1904-1905 matricúlanse as primeiras alumnas. Neste período pasan polo centro personaxes ilustres da historia de Galicia, como Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e outros integrantes do Grupo Nós.

A noite do 7 de decembro de 1927 tivo lugar un incendio, que comezou na biblioteca e se propagou por todo o edificio[1], afectando especialmente á biblioteca, á sala de profesorado e á Escola de Artes e Oficios. Perdéronse fondos procedentes dos mosteiros de Celanova, Oseira, Melón, San Clodio, San Domingos e San Francisco, que reunira o abade exclaustrado de Celanova Bonifacio Ruiz logo da desamortización de Mendizábal. O material que se atopaba nestas dependencias quedou destruído, o que provocou que posteriormente a utilidade única deste edificio fose a de Instituto.

En 1966 o edificio adquiriu o nome de Instituto Feminino debido á apertura no barrio da Ponte do Instituto Masculino, durante a segregación escolar por xénero durante o Franquismo.[2] Coa restauración da democracia volveu o ensino para rapaces e rapazas.

En 1997 inaugurouse o polideportivo, construído no antigo campo do Pompeo. Dende 2007 o centro conta cun edificio anexo, o antigo Colexio Irmáns Villar, trasladado cara á superficie da Estación de San Francisco e cuxo antigo edificio foi remodelado para acoller o alumnado de bacharelato.

Instalacións

[editar | editar a fonte]
Teresa López, Rosario Álvarez, Víctor Freixanes, Juan Luis Saco Cid e Antón Santamarina no paraninfo, co gallo do 150 aniversario da Gramática gallega de Juan Antonio Saco Arce.

O edificio conta con varias dependencias especializadas, construídas con funcións específicas tales como:

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Rafael Salgado (19 de setembro de 2015). "La Biblioteca Pública de Ourense". La Región (en castelán). 
  2. 2,0 2,1 "Historia". IES Otero Pedrayo de Ourense. 
  3. José R. Doval Garrido. "Paraninfo". IES Otero Pedrayo de Ourense. Consultado o 1 de maio de 2018. 
  4. Pato, C. e Fernández Rei, F. (2017): Baixo o límite. Discurso lido o día 23 de setembro de 2017 no acto da súa recepción, pola ilustrísima señora dona Chus Pato e resposta do excelentísimo señor don Francisco Fernández Rei. Real Academia Galega. ISBN 9788494600586
  5. José R. Doval Garrido. "Museo". IES Otero Pedrayo de Ourense. Consultado o 1 de maio de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]