Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xuño de 1936 Murray Island, Australia (en) |
Morte | 21 de xaneiro de 1992 (55 anos) Brisbane, Australia |
Causa da morte | cancro |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Australia |
Actividade | |
Ocupación | activista |
Familia | |
Cónxuxe | Bonita Mabo (1959–1992) |
Premios
| |
Eddie Mabo, nado c. 29 de xuño de 1936 e finado o 21 de xaneiro de 1992,[1] foi un activista aborixe australiano e insular do estreito de Torres coñecido polo seu papel na campaña polos dereitos de propiedade das terras dos indíxenas. En 1992 viuse implicado no famoso Caso Mabo contra Queensland, conseguindo unha decisión histórica da Corte Suprema de Australia que revocou a doutrina legal de terra nullius ("terra de ninguén") que caracterizou á lei australiana con respecto á titularidade das terras.