Deltaproteobacterias | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Desulfovibrio vulgaris | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Ordes | |||||||
|
As deltaproteobacterias ou Deltaproteobacteria (tamén escrito delta-proteobacterias ou proteobacterias delta) é un grupo de bacterias gramnegativas que se considera unha clase do filo Proteobacteria.[1]
As Deltaproteobacteria comprenden unha póla de proteobacterias de xéneros predominantemente aerobios, como as Myxobacteria formadoras de corpos frutíferos, que liberan mixoesporas cando están en ambientes desfavorables, e outra póla de xéneros estritamente anaerobios, que contén a maioría das bacterias redutoras de sulfato (Desulfovibrio, Desulfobacter, Desulfococcus, Desulfonema etc.) e as redutoras de xofre (por exemplo, Desulfuromonas spp.), xunto con outras bacterias anaerobias de diferente metabolismo (como as redutoras de ferro Geobacter spp. e as sintróficas[2] Pelobacter e Syntrophus spp.).
Recentemente, identificouse unha deltaproteobacteria patóxena intracelular, Lawsonia intracellularis.[3]
O cladograma mostra a taxonomía aceptada actualmente baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [4] e nas bases de datos taxonómicas do NCBI (National Center for Biotechnology Information) [5] e a filoxenia baseada en datos do ARNr 16S da LTP 106 do proxecto The All-Species Living Tree [6]
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas:
♠ Cepas que se encontran no NCBI pero non na LSPN.
♣ O International Journal of Systematic Bacteriology ou o International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology (IJSB/IJSEM) publicaron especies que están en prensa.