Deinococcales Rainey et al. 1997
Deinococcaceae Brooks and Murray 1981 emend. Rainey et al. 1997 Deinococcus Brooks and Murray 1981 emend. Rainey et al. 1997 Deinobacterium Ekman et al. 2011
Trueperaceae Rainey et al. 2005 Truepera da Costa, Rainey e Albuquerque 2005
Thermales Rainey e Da Costa 2002
Thermaceae Da Costa e Rainey 2002 Thermus Brock and Freeze 1969 emend. Nobre et al. 1996 Meiothermus Nobre et al. 1996 emend. Albuquerque et al. 2009 Marinithermus Sako et al. 2003 Oceanithermus Miroshnichenko et al. 2003 emend. Mori et al. 2004 Rhabdothermus Steinsbu et al. 2011 Vulcanithermus Miroshnichenko et al. 2003
O grupo Deinococcus-Thermus é un pequeno grupo de bacterias considerado un filo, que son moi resistentes ás condicións ambientais desfavorables.[1]
Comprende dous grandes grupos:
As Deinococcales, que inclúe dúas familias e dous xéneros principais: Deinococcus e Truepera. O primeiro ten varias especies resistentes á radiación, que poden captar os residuos nucleares e outros materiais tóxicos sen sufriren dano, e sobreviven tamén no baleiro do espazo exterior ou en condicións extremas de calor ou frío.
Aínda que estes grupos evolucionaron a partir dun devanceiro común, os dous mecanismos de resistencia que presentan desenvolvéronos de xeito independente.[3]
Estas bacterias teñen paredes celulares grosas que fan que teñan un patrón de tinguidura grampositivo, pero teñen unha segunda membrana, polo que en estrutura están próximos ás bacterias gramnegativas.
Cavalier-Smith deulle a este clado o nome de Hadobacteria[4] (de Hades, o inframundo dos antigos gregos).
Actualmente hai dez xenomas secuenciados de estirpes (strains) deste filo.[8]
Deinococcus radiodurans R1
Thermus thermophilus HB27
Thermus thermophilus HB8
Deinococcus geothermalis DSM 11300
Deinococcus deserti VCD115
Meiothermus ruber DSM 1279
Meiothermus silvanus DSM 9946
Truepera radiovictrix DSM 17093
Oceanithermus profundus DSM 14977
As dúas Meiothermus sp. foron secuenciadas baixo os auspicios do proxecto Genomic Encyclopedia of Bacteria and Archaea (GEBA), que ten como obxectivo secuenciar organismos baseándose na súa importancia ou novidade filoxenética e non na súa patoxenicidade ou notoriedade.[9] Actualmente, o xenoma de Thermus aquaticus Y51MC23 está nas fases finais de completar a súa secuenciación no DOE Joint Genome Institute.[10]