David Hilliard
Nacemento15 de maio de 1942
Lugar de nacementoRockville
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióneducador e político
PremiosPEN Oakland/Josephine Miles Literary Award
editar datos en Wikidata ]

David Hilliard, nado o 15 de maio de 1942, foi un dos fundadores do Partido Pantera Negra, nos Estados Unidos.

Traxectoria

Ostentou cargos secundarios até a detención de Huey P. Newton en setembro de 1968, momento no que pasa a dirixir a organización. O propio Hilliard sería detido tamén en decembro de 1969 por ameazas contra o presidente Richard Nixon, tras declarar nunha reunión pública "mataremos a Nixon". O feito de serlle atopada unha arma valeulle unha pena de seis meses de prisión.

Máis tarde, en xullo de 1971 sería acusado e condenado a un ano de cárcere por dispararlle a un policía durante un enfrontamento armado dun grupo de membros dos Panteras Negras coas forzas da orde. Nese enfrontamento perdera a vida o pantera negra Bobby Hutton.

En 1993 creará a fundación Huey P. Newton, ao servizo dos intereses sociais da comunidade e coa finalidade de difundir a obra e legado do seu compañeiro. En 1994 publica This side of glory, a súa autobiografía.

Actualmente David Hilliard é profesor visitante da Universidade de Novo México.