Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1950 Condado de Jefferson, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 6 de abril de 1968 (17 anos) Oakland, Estados Unidos de América |
Causa da morte | ferida por arma de fogo |
Datos persoais | |
Outros nomes | Lil' Bobby |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Grupo étnico | Afroamericano |
Actividade | |
Ocupación | político |
Membro de | |
Bobby Hutton, tamén chamado "Lil' Bobby" (Pequeno Bobby), nado o 21 de abril de 1950 e finado o 6 de abril de 1968, foi o primeiro membro do Partido Pantera Negra tras a súa fundación en 1966. Tiña daquela só quince anos.
O 7 de abril de 1968 será asasinado pola policía de Oakland nun tiroteo. Oito panteras negras, entre os que se atopaban tamén David Hilliard e Elridge Cleaver foron emboscados pola policía. Cleaver e Hutton conseguiron refuxiarse nun soto que axiña foi rodeado pola policía. Cando lles tiraron un bote de fume accederon a renderse. Cleaver estaba ferido nunha perna e non podía camiñar, así que aconsellou a Hutton que se espise para demostrar que non levaba armas ocultas e saíse. Hutton só retirou a camiseta e en canto saíu coas mans en alto recibiu doce impactos de bala que lle provocaron a morte inmediata. Cleaver, que o seguía a certa distancia, foi ferido novamente. A policía de Oakland disputa esta versión dos feitos.