Na ceca de Lucus Augusti, se cadra unha ceca[1] móbil, cuñáronse as primeiras moedas que se bateron en Gallaecia, probablemente no ano 25 a. C., no marco das emisións provinciais romanas.
O exército romano chegara ata o noroeste da Península Ibérica no marco das guerras cántabras desde a Lusitania o mando do legado imperial Publio Cornelio quen primeiro tivera o seu campamento en Astorga e máis tarde trasladárao a Lucus Augusti, alí no 25 a.C (ou quizais 23 a.C.) mandou cuñar moeda para pagar á media lexión (cinco cohortes) que estaba baixo o seu mando.
As moedas carecen de indicación de ceca polo que houbo autores como Borrell ou Mersan que atribuíron as cuñaxes a outras cecas da Península Ibérica; con todo, esa é hoxe unha opinión minoritaria.
Imaxe | Moeda | Descrición | Deseño |
---|---|---|---|
Denario 3.5 e 3.8 g 20 mm prata |
Denarios, teñen un peso aproximado entre 3,5 e 3,8 gr. e un diámetro de 20 mm. No anverso figura a cabeza do emperador Augusto mirando cara á esquerda e a lenda IMP.CAESAR.AVGVST, no reverso figuran motivos bélicos (caetras, cascos de guerra ou trofeos) e a lenda CARISIVS LEG.PRO.P. | ||
Quinario 1,8 gr. 10 mm prata |
Quinarios, teñen un peso aproximado de 1.8 g. e un diámetro de 10 mm. Hainos coa cabeza do emperador Augusto mirando cara á dereita e outros coa cabeza mirando á esquerda e a lenda AVGVST, no reverso figuran motivos bélicos e a lenda CARISIVS LEG. | ||
Ás 10 gr. 26 mm bronce |
Ases, en troques das dúas moedas anteriores que eran de prata, os ases son pezas de bronce e é a cuñaxe máis numerosa. Hainos de dous tipos: a cuñaxe oficial e a cuñaxe de tipo bárbaro. A primeira presenta un busto estilizado e ben definido namentres que a segunda presenta unha factura descoidada, con múltiples variantes no cuño, teñen un peso aproximado de 10 g. e un diámetro de 26 mm. No anverso figura o emperador mirando cara á esquerda flanqueado por unha palma e un caduceo e a lenda IMP.AVG.DIVI.F. (Emperador Augusto, fillo da Divindade). Manuel Gago Mariño interpretou as imaxes da palma e o caduceo respectivamente como representacións da vitoria sobre as tribos galaicas e do acordo con elas[2]. No reverso figura o escudo denominado caetra, o escudo indíxena que aparece en estatuas de guerreiros galaicos coma o de Lesenho (Boticas) ou o do castro de Armeá (Allariz). | ||
Dupondio 16 gr. 29 mm bronce |
Dupondios, teñen un peso aproximado de 16 g. e un diámetro de 29 mm. O anverso é igual ó dos ases e no reverso a caetra aparece acompañada por unha falcata, un puñal e no centro dúas soliferras. | ||
Sestercio 38 gr. 38 mm bronce |
Sestercios, peza moi rara e valiosa (soamente se coñecen tres exemplares) teñen un peso aproximado de 38 g. e un diámetro de 38 mm. O anverso e reverso son moi similares ós dos ases. No reverso a caetra está rodeada de dous círculos concéntricos con oito figuras xeométricas cada un, pequenos círculos cun punto central[3].
En marzo de 2022, a Xunta de Galicia iniciou os trámites para a declaración desta moeda como Ben de Interese Cultural.[4][5] |