Cambre | |
---|---|
Concello | Cambre[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°17′34″N 8°20′43″O / 43.2927, -8.3452Coordenadas: 43°17′34″N 8°20′43″O / 43.2927, -8.3452 |
Poboación | 6.946 hab. (2016) |
Entidades de poboación | 24[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Cambre[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 6.956 habitantes (3.414 homes e 3.532 mulleres). A parroquia ten 24 lugares.
Na parroquia está a capital do concello. Limita ao norte co Temple, co Burgo e con San Pedro de Nós (Oleiros), ao leste con Pravio, Cela e Brexo, ao sur con Meixigo e ao oeste con Almeiras, Sigrás e Anceis.
Por Cambre cruzou a vía romana de Farum (A Coruña) a Brigantium (Betanzos).
A principios do século XX Cambre era unha estación estival polas numerosas casas e quintas de campo que había nela e polo grande continxente que habitaba na parroquia no verán.
Cambre podería ser un topónimo prerromano que se orixinou antes do século III para referise a poboación ligada a unha altura, unha fortificación ou un límite entre territorios.[2][3][4]
Lugares da parroquia de Cambre no concello de Cambre (A Coruña) | |
---|---|
O Adro | A Agra de Samosteiro | Arrigada | A Barcala | A Barreira | Cambre | A Caroada | Drozo | A Estorrentada | A Fontenla | Freande | Graduíl | Meixigo | Os Muíños de Naia | A Pega | Pena Oubiña | A Pena | A Rañoa | A Retorta | Rocón | O Sisto | Socampo | O Toural | O Valado |