Andeiro | |
---|---|
Torre de Andeiro. | |
Concello | Cambre[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°15′35″N 8°20′10″O / 43.2596, -8.3362Coordenadas: 43°15′35″N 8°20′10″O / 43.2596, -8.3362 |
Poboación | 296 hab. (2016) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Andeiro[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 296 habitantes (149 homes e 147 mulleres). A parroquia ten 9 lugares.
Andeiro sitúase á esquerda do río Brexo que entra por esta parroquia no concello de Cambre. Limita ao norte coas parroquias de Meixigo e Anceis, ao leste Brexo e Vigo e ao sur e oeste Sergude e Tabeaio do concello de Carral.
Andeiro é un posible antropónimo xermánico que aparecería entre o século VII e X.[2][3]
Lugares da parroquia de Andeiro no concello de Cambre (A Coruña) | |
---|---|
Brille | Cobazas | A Fonte | Gosende | A Igrexa | Pazos | A Torre |