Branta

Branta canadensis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Anserinae
Xénero: Branta
Scopoli, 1769
Especies
  • Véxase texto
Sinonimia

Branta é un xénero de aves anseriformes da familia dos anátidos e subfamilia dos anserinos.

O hábitat propio destas aves corresponde principalmente ás costas marítimas do Hemisferio Norte, en latitudes polares e subpolares, sendo en Europa os seus límites máis meridionais as costas de Bélxica e Inglaterra, aínda que nalgúns invernos crus algunhas especies poden chegar como divagantes até a Península Ibérica (incluíndo Galicia).[Cómpre referencia]

Branta canadensis tamén aniña nas beiras dos grandes lagos.

A súa morfoloxía é semellante á dos patos e, en particular, á dos gansos, cos que comparten subfamilia. Así mesmo, son especies nidífugas; isto é, os pitos apenas nacen saen do niño, tendo os neonatos de Branta leucopsis, a dicir de moitos, o récord animal en salto de altura desde o niño.[Cómpre referencia]

Un destes gansos case acabado de nacer, cuxo niño adoita estar nunha fenda dun cantil ao abeiro do vento, lánzase case verticalmente uns 25 m cara á unha praia de duros croios en busca de comida.[Cómpre referencia]

O xénero foi descrito por primeira vez en 1769 polo médico, entomólogo e naturalista de cultura italiana nacido nunha rexión do Tirol de fala italiana, baixo o dominio daquela do Imperio Austríaco, Giovanni Antonio Scopoli (1723-1788).

Especies

[editar | editar a fonte]

O xénero Branta inclúe seis especies:[1]

Crenzas

[editar | editar a fonte]

Até ben entrada a Idade Moderna estes gansos (e outras aves de corpo semellante, como os patos) eran de consumo permitido durante a coresma, xa que se os consideraba "crustáceos desenvolvidos" e mesno "peixes". O argumento para tan curiosa taxonomía obedecía a que certos moluscos (así se consideraban daquela), en especial os percebes, teñen uns órganos semellantes a plumas, e a tradición popular supoñía que estas aves eran individuos adultos de percebes.[Cómpre referencia]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature - Anseriformes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]