Billy Wilder | |
---|---|
Nome completo | Samuel Wilder |
Nacemento | 22 de xuño de 1906 |
Lugar | Sucha Beskidzka |
Falecemento | 27 de marzo de 2002 |
Lugar | Beverly Hills |
Causa | pneumonía |
Soterrado | Westwood Village Memorial Park Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América, Austria e Imperio Austrohúngaro |
Etnia | Pobo xudeu |
Educado en | Universidade de Viena |
Profesión | guionista, director de cinema, produtor de cinema, escritor, xornalista e realizador |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Samuel Wilder, máis coñecido como Billy Wilder, nado en Sucha Beskidzka, Galicia, Austria (entón no Imperio Austrohúngaro), o 22 de xuño de 1906 e finado en Beverly Hills (Estados Unidos), o 27 de marzo de 2002, foi un director de cine estadounidense de orixe austríaca.
Wilder pasou a súa infancia e a súa mocidade en Austria. O seu primeiro traballo foi como cronista no xornal austríaco Juranek. Continuou traballando como cronista en Berlín, tendo que alternar esta ocupación con outras para sobrevivir. Alí afeccionouse ó cine, tras ver diversas películas que lle impresionaron fondamente. Unha delas foi O acoirazado Potemkin, de Sergei Eisenstein. Entrou a traballar para a UFA onde coñeceu aos grandes directores do momento.
Trala subida ó poder de Hitler, Wilder viuse obrigado a abandonar Berlín, debido á súa ascendencia xudía. A súa nai morrería nos campos de concentración de Auschwitz. Estivo en París e, desde alí, en 1934 trasladouse aos Estados Unidos, xunto ó actor Peter Lorre. Wilder e Lorre compartiron apartamento, fame e momentos moi difíciles durante unha tempada. Alí comezou a traballar como guionista para a Paramount, e tivo a ocasión de colaborar con Ernst Lubitsch, o seu gran mestre. O día do seu funeral dixo: "Quedámonos sen Lubitsch. Peor aínda, quedámonos sen as películas de Lubitsch".
Como guionista, Wilder escribiu 60 películas. Como director, realizou 26 películas. Foi galardoado con sete Oscar tras ser candidato en 21 ocasións.
En 1981 dirixiu a súa última película, Buddy Buddy. A partir de entón as compañías aseguradoras xa non querían asegurar películas súas debido á súa avanzada idade. Morreu 21 anos máis tarde á idade de 95 anos na súa residencia de Beverly Hills (California) por mor dunha pneumonía. Os seus restos atópanse no Cemiterio Westwood Village Memorial Park nos Ánxeles.
Nunha entrevista publicada en 1952 Wilder enumerou as súas dez películas favoritas:
Como director
Como guionista
En total foi nomeado oito veces como director, gañando dúas, e doce como guionista, gañando en tres ocasións.