Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1924 |
Morte | 1998 (73/74 anos) |
Actividade | |
Ocupación | artista , medallista |
Bernard R. Sindall, nado en 1924 e finado en 1998, foi un escultor figurativo e deseñador de moedas británico.
Bernard Sindall estudou Belas Artes no Brighton College of Art, da Universidade de Brighton. Posteriormente, na súa condición de gañador do Premio de Roma en 1950,[2] pasou dous anos en Italia para coñecer de primeira man a obra dos grandes mestres da escultura.[3]
Durante a súa estadía en Roma expuxo, entre outros lugares, no Palazzo Venezia, e á súa volta ao Reino Unido expuxo tamén na Royal Academy de Londres. Tamén exerceu a docencia no City and Guilds of London Institute.[3]
Estas son algunhas das súas obras escultóricas máis salientables:
No campo do deseño numismático, o traballo máis sobranceiro de Sindall foi a creación de ambas as faces dunha emisión especial da serie do soberano de ouro en 1989, conmemorativa dos 500 anos do nacemento do soberano inglés.[3][8][9] O anverso desta serie de moedas xa fora utilizado por Sindall nunha proposta para unha moeda dunha coroa en 1997, finalmente non adoptada pola Royal Mint.[10][11]
Mais o seu labor no deseño de moedas comezara xa catro décadas antes, coa creación en 1955 do anverso e o reverso dunha moeda dun penique a nome de Isabel II para o territorio de Rodesia e Nyasaland, que se cuñou ata 1963.[12] Durante os anos seguintes, Sindall creou tamén deseños para outros territorios de soberanía británica e tamén para diferentes países,[3] como Sri Lanka (1957),[13] Tailandia (1974),[14] Guernsey (1977),[15] Jersey (1977)[16] e Mauricio (1977).[17]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bernard Sindall |