Bandeira dos Estados Federados de Micronesia
Bandeira dos Estados Federados de Micronesia
Características
Uso
Proporción10:19
Adopción10 de novembro de 1979
Cores     Azul      Branco

A bandeira dos Estados Federados de Micronesia foi adoptada o 10 de novembro de 1979. O campo azul representa o océano Pacífico, mentres que as catro estrelas brancas representan os catro grupos de illas que compoñen a Federación: Chuuk, Pohnpei, Kosrae e Yap.

Un deseño similar con seis estrelas en vez de catro utilizouse a partir de 1965 para o Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico, cando tamén se representaba a Palau, as Illas Marshall e as Marianas do Norte, que decidiron non integrarse na Federación. (Kosrae era entón parte da illa Pohnpei, polo que ambas foron representadas por unha soa estrela.)

Bandeiras históricas

Bandeiras compoñentes dos Estados Federados de Micronesia