Bandeira de Nova Caledonia | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 17 de xullo de 2010 |
Cores | Azul Vermello Verde Amarelo Negro |
Bandeira de Nova Caledonia | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 24 de setembro de 1853 |
Cores | Azul Vermello |
A bandeira de Nova Caledonia son oficialmente dúas: a bandeira de Francia e a bandeira local adoptada oficialmente no 2010.
Nova Caledonia, territorio francés dende 1853, utilizou oficialmente a Tricolore nas súas institucións. Porén, a comezos da década de 1980, propúxose unha bandeira local durante a celebración do primeiro congreso da Front de libération nationale kanak et socialiste (FLNKS). Esta bandeira, composta por tres franxas horizontais en azul, vermello e verde xunto a un símbolo tradicional, foi utilizada polos militantes pro-independentistas por máis de vinte anos.
No 2008, o goberno de Nova Caledonia iniciou o debate respecto á adopción dunha bandeira e un himno rexional, segundo o estipulado no Acordo de Numéa. A bandeira kanaka foi adoptada masivamente polo congreso local como bandeira rexional xunto coa bandeira francesa, coa que compartirá oficialidade por dous anos. O 17 de xullo de 2010 adoptouse oficialmente a bandeira kanaka nunha cerimonia en Noumea, á que asistiu o primeiro ministro francés François Fillon.[1][2]
Malia a súa aprobación maioritaria por parte do congreso local, a adopción da bandeira foi controvertida.[1] Algúns neocaledonianos manifestaron os seus desexos dun novo deseño para a bandeira, que incopore elementos tanto franceses como kanakas, como forma de representar a coexistencia de ámbolos dous grupos étnicos.[1]
Esta bandeira componse de tres franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor azul a superior, vermella a central e verde a inferior. Na súa parte central figura un círculo de cor amarela no que aparece representado un tellado dunha vivenda tradicional.
Nova Caledonia está dividida en tres provincias, cada unha coa súa bandeira propia.
| |
| |