Balea franca austral
Eubalaena australis

Eubalaena australis na península Valdés (Arxentina)
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Mysticeti
Familia: Balaenidae
Xénero: Eubalaena
Especie: E. australis
Nome binomial
Eubalaena australis
(Desmoulins, 1822)
Distribución de Eubalaena australis
Distribución de Eubalaena australis

Distribución de Eubalaena australis
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Balaena antarctica Lesson, 1828
  • Balaena antipodum Gray, 1843
  • Balaena australis Desmoulins, 1822
  • Balaena capensis Gray, 1868
  • Balaena glacialis Mueller, 1776
  • Balaena glacialis australis Scheffer & Rice, 1963
  • Balaena hectori Gray, 1874
  • Balaena mysticetus antarcticus Schlegel, 1841
  • Eubalaena capensis Gray, 1866
  • Eubalaena glacialis australis Tomilin, 1962
  • Halibalaena britannica Gray, 1873
  • Hunterus temminckii Gray, 1864
  • Macleayius australiensis Gray, 1865
Calosidades na cabeza de Eubalaena australis.
Sopro en forma de "V" característico.
Escultura de Eubalaena australis en Tasmania.
Observadores de baleas cerca da península Valdés.

A balea franca austral,[2] Eubalaena australis (Desmoulins, 1822), é unha especie de cetáceo misticeto da familia dos balénidos, descrita en 1822 por Desmoulins como Balaena australis.[3]

É unha das tres especies do xénero Eubalaena, as coñecidas como baleas francas, que anteriormente foron clasificadas como unha soa especie,[4] e que son denominadas así (baleas francas = baleas fáciles de cazar) porque nadan lentamente, son moi confiadas e, cando morren, flotan na auga, o que facilita moito os labores dos baleeiros que as cazaban. Por iso, na nomenclatura internacional, coñécese como balea franca austral.

Características

[editar | editar a fonte]

As proincipais caracetrísticas de Eubalaena australis son as seguintes:[5]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Eubalaena australis é unha especie de distribución circumpolar, rexistrándose a súa presenza polo menos entre os 20º S e os 55º S. Reprodúcense en inverno nas costas do subcontinente suramericano, principalmente nas da Arxentina e do Brasil, aínda que tamén algúns individuos o fan nas de Chile e o Perú, e nas da illa de Tristan da Cunha, sur de África, principalmente nas da República Surafricana, chegando até Mozambique e as costas occidentais de Madagascar, sur de Australia, Tasmania e Nova Zelandia, migrando en verán cara ás augas frías da Antártida,[5][6] onde se encontran principalmente entre as latitudes 40º S e 50º S,[6] aínda que tamén se puideron ver, especialmente nos últimos anos, tan ao sur como nos 65° S,[7] e nos arredores de Xeorxia do Sur.[8]

Poboación

[editar | editar a fonte]

A Comisión Baleeira Internacional realizou a súa última revisión importante das baleas francas austrais en 1998 (CBI 2001), constatando que, tras o grave esgotamento histórico pola caza comercial, varias subpoboacións reprodutoras (Arxentina, Brasil, Suráfrica e Australia) mostraron evidencias dunha forte recuperación, cun tempo de duplicación de 10-12 anos.[9][10][11]

As outras subpoboacións de cría aínda son moi pequenas, e os datos dispoñíbeis son insuficientes para determinar se se están a recuperar. Calcúlase que el tamaño total da poboación a partir de 1997 era de 7 500 animais (dos cales 1 600 eran femias maduras, incluíndo 547 da Arxentina e 659 de Suráfrica), e as tres principais subpoboacións continuaron aumentando a unha taxa similar desde entón.[12][13]

As capturas ilegais da Unión Soviética (principalmente na década de 1960) inhibiron temporalmente a recuperación, pero en xeral a poboación parece que medrou bastante desde entón.

Parece que hai un intercambio substancial entre os criadeiros do mesmo continente, por exemplo entre a Arxentina e o Brasil,[14] pero a taxa de intercambio é moito menor entre subpoboacións afastadas xeograficamente, por exemplo, entre as de Australia e Nova Zelandia,[15] e entre as da Arxentina e Tristan da Cunha.[16]

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Como as outras baleas francas, Eubalaena australis nada lentamente, pero tamén pode facer acrobacias: saltos, golpes na auga coas aletas pectorais e diversos movementos coa aleta caudal, coa que pode facer o pino, axitando a cola perpendicularmente ao vento até 2 minutos utilizándoa como vela de navegación, posto que a manobra fai que seo animal se deslice libremente pola auga. Isto parece que se trata dunha forma de xogo, xa que polo xeal nadan atçé o punto de partida para repetir o deslizamento.[5]

Cando efectúan as inmersións, a cabeza sae moito da auga, mostrando as súas calosidades, e lanzando o típico sopro en "V" das baleas francas, que adoita ter unha altura duns 5 m; despois a cabeza desaparece por debaixo da superficie, e o único que se ve é o dorso ancho, liso, sen aleta dorsal e sen calosidades.[5]

Ameazas e medidas de protección

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Caza de baleas.

As baleas francas austrais foron cazadas intensamente por baleeiros premodernos a partir de principios do século XVII, pero especialmente nos séculos XVIII e XIX por baleeiros americanos e europeos.

Aínda que non se conservan moitos rexistros, pénsase que o número total de animais capturados entre 1770 e 1900 foron uns 150 000, dos cales entre 48 000 e 60 000 foron tan só na década de 1830.[17]

Cando comezou a caza de baleas moderna, a principios do século XX, a especie xa era moi rara, e as capturas até que as baleas comezaron a estar algo protexidas a partir de 1935 ascenderon a só uns 1 600 exemplares. Sobre 3 000 animais foron capturados ilegalmente polas frotas baleeiras soviéticas na década de 1960.[18]

A poboación hemisférica en 1770 estímase entre 55 000 e 70 000 individuos, e se cre que descendeu até un mínimo de cerca de 300 animais na década de 1920.

A especie probabelmente comezou a recuperarse despois de protección iniciada en 1935, pero as capturas ilegais soviéticas na década de 1960 fixeron que, segundo estimacións, se eliminara á metade da poboación existente neses momentos, e que se atrasara a súa recuperación.[17]

Debido á intensa caza da que foi obxecto, chegou, por tanto, e como a súa conxénere do norte, Eubalaena glacialis, case a extinguirse. No século XIX, a súa poboación se reducira até un 90 %. Pero desde a moratoria de 1986 a poboación da especie experimentou un aumento aproximado do 7 % nos últimos anos (véxase máis arriba), e na actualidade existen aproximadamente 8 000 exemplares.

Para protexer esta especie, en 1984 a Arxentina sancionou a lei 23094 pola que se declaraba Monumento natural a todas as baleas francas austrais que se visualicen nas súa augas xurisdicionais. Tal decisión se fundamentou na imperiosa necesidade de outorgarlle a debida protección a esta especie animal que se reproduce en augas austrais, e que é motivo da práctica do moderno turismo de avistamento de baleas na península Valdés, na Patagonia. Hai un crecente interese na posibilidade de crear un santuario para a preservación desta especie no Atlántico sur.[19]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

Nos anos 1990, o status da poboación de Eubalaena australis era considerado como vulnerábel:

Nos últimos tempos a IUCN, dado o tamaño da poboación estimada recente (1 600 femias maduras en 1997 e aproximadamente o duplo deste número en 2007), e o forte incremento da taxa observada nalgunhas partes moi estudadas da área de distribución da especie, a poboación actual, aínda que sendo escasa en relación coa súa riqueza histórica, non se considera ameazada a nivel hemisférico. Estímase que a poboación agora é maior do que era hai tres xeracións (87 anos, supoñendo un tempo de xeración de 29 anos).[20]

Algunhas subpoboacións, en particular as de Chile e o Perú, aínda son moi pequenas e poden necesitar protección especial pata que se restableza. Porén, a UICN cualificou en 2013 o estado global da especie como "LC" (pouco preocupante).[17]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Eubalaena australis (Desmoulins, 1822) en Perrin, W. F. (2012): World Cetacea Database.
  2. Balea franca austral en Nomes Galegos dos Mamíferos 1. Cetáceos e fócidos. Debullando a fala.
  3. Eubalaena australis (Desmoulins, 1822) no WoRMS.
  4. Daquela, clasificábanse como subespecies:
    • Eubalaena glacialis glacialis, no Atlántico norte (hoxe, E. glacialis).
    • Eubalaena glacialis japonica, no Pacífico norte (hoxe, E. japonica).
    • Eubalaena glacialis australis, no Atlántico sur, Pacífico sur e Índico sur (hoxe, E. australis).
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Carwardine, M. (1995), pp. 44-45.
  6. 6,0 6,1 Eubalaena australis na UICN.
  7. Bannister, J. L., Pastene, L. A. and Burnell, L. A. (1999): "First record of movement of a southern right whale (Eubalaena australis) between warm water breeding grounds and the Antarctic Ocean, south of 60 degrees South. Marine Mammal Science 15 (4): 1337-1342.
  8. Rowntree, V. J., Payne, R. S. and Schell, D. S. (2001): "Changing patterns of habitat use by southern right whales (Eubalaena australis) on their nursery ground at Peninsula Valdes, Argentina, and in their long-range movements". Journal of Cetacean Research and Management 2: 133-144.
  9. Bannister, J. (2001): "Status of Southern right whales (Eubalanea australis) off Australia". Journal of Cetacean Research and Management Número especial 2: 103-110.
  10. Best, P. B., Brandão, A. and Butterworth, D. S. (2001): "Demographic parameters of Southern right whales off South Africa". Journal of Cetacean Research and Management Número especial 2: 161-169.
  11. Cooke, J. G., Rowntree, V. J. and Payne, R. S. (2001): "Estimates of demographic parameters for Southern right whales (Eubalaena australis) observed off Peninsula Valdes, Argentina". Journal of Cetacean Research and Management 2: 125-132.
  12. Best, P. B., Brandão, A. and Butterworth, D. S. (2005): "Updated estimates of demographic parameters for Southern right whales off South Africa". International Whaling Commission Scientific Committee.
  13. Cooke, J. G., Rowntree, V. J. and Payne, R. (2003): Analysis of intra-annual variation in reproductive success of South Atlantic right whales (Eubalaena australis) from photo-identification of calving females observed off Peninsula Valdes, Argentina, 1971-2000. International Whaling Commission Scientific Committee.
  14. Groch, K. R., Fabian, M. E., Adler, F. R., Palazzo Jr., J. T. and Flores, P. A. C. (2004): Recent rapid increases in the Brazilian right whale population. International Whaling Commission Scientific Committee.
  15. Anónimo (2004): Report on the Australasian workshop on right whales photo-identification and data analysis. Department of Environment and Heritage, Canberra: 21 pp.. Adelaide, South Australia.
  16. Best, P. B., Payne, R., Rowntree, V., Palazo, J. T. and do Carmo Both, M. (1993): "Long-range movments of South Atlantic right whales Eubalaena australis". Marine Mammal Science 9: 227-234.
  17. 17,0 17,1 17,2 Reilly, S. B., Bannister, J. L., Best, P. B., Brown, M., Brownell Jr., R. L., Butterworth, D. S., Clapham, P. J., Cooke, J., Donovan, G., Urbán, J. & Zerbini, A. N. (2013): Eubalaena glacialis na "Lista vermella" da UICN.
  18. Tormosov, D. D., Mikhaliev, Y. A., Best, P. B., Zemsky, V. A., Sekiguchi, K. and Brownell Jr., R. L. ( 1998): "Soviet catches of Southern Right Whales Eubalaena australis, 1951–1971. Biological data and conservation implications". Biological Conservation 86: 185–197.
  19. Uruguay busca crear santuario mundial de ballenas y delfines en sus aguas juridiccionales La Red 21. 7 de Octubre, 2013.
  20. Taylor, B. L., Chivers, S. J., Larese, J. and Perrin, W. F. (2007): Generation length and percent mature estimates for IUCN assessments of Cetaceans. Southwest Fisheries Science Center.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]