Azotobacter vinelandii | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Azotobacter vinelandii Lipman 1903[1] |
Azotobacter vinelandii é unha bacteria gramnegativa diazótrofa que pode fixar o nitróxeno cando crece aerobicamente.[2][3] É un sistema manexable xeneticamente que se usa para a fixación do nitróxeno. Son bacterias doadas de cultivar.
A. vinelandii é un fixador de N2 de vida libre que produce moitas fitohormonas e vitaminas nos solos. Produce pigmentos de pioverdina fluorescentes.[4]
O holoencima nitroxenase de A. vinelandii foi caracterizada por cristalografía de raios X tanto no estado unido a ADP tetrafluoroaluminato[5] coma unido a Mg-ATP.[6]. O encima posúe un cluster dos cofactores molibdeno ferro-sulfuro (FeMoco) como sitios activos, cada un dos cales leva dúas estruturas pseudocúbicas de ferro-sulfuro.
A. vinelandii pode conter ata 80 copias do seu cromosoma por célula.[7] Porén, isto só se observa en cultivos de crecemento rápido, mentres que nos cultivos feitos en medio sintético mínimo non é poliploide.[8]
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |