As preferencias son as opcións de cada usuario sobre a navegación, a edición, as procuras, as notificacións e outras cousas no wiki. Xunto ás preferencias, hai outros servizos como a lista das contribucións realizadas na parte superior de cada páxina daquelas persoas que teñan unha conta. As preferencias ofrecen un gran número de características personalizables.
A páxina especial Especial:Preferencias ofrece aparencias, complementos, formatos de data, unha sinatura e outras cousas; tamén proporciona un acceso fácil para instalar outros complementos nos teus perfís de JavaScript e CSS personalizados. (Véxase a sección "Aparencia" embaixo.) O efecto global destas características é un control practicamente completo da interface da Wikipedia. Para acceder á páxina de preferencias, preme na ligazón "Preferencias" que hai na parte superior de cada páxina; tamén o podes facer desde a caixa de procuras, inserindo Especial:Preferencias.
Esta páxina explica os aspectos máis importantes da páxina Especial:Preferencias. A devandita páxina é unha interface en JavaScript que serve para simplificar a alteración das opcións predeterminadas. Estas características e a páxina de preferencias que as establece están achegadas por MediaWiki, o software da Wikipedia. Mentres que hai algunhas preferencias automáticas, existen outras ferramentas, denominados trebellos, que non están proporcionadas por MediaWiki, senón que foron realizadas por usuarios e poden necesitar instalación no teu ficheiro de JavaScript personalizado.
Á páxina de preferencias poden acceder os usuarios rexistrados. Ten varias lapelas na parte superior (cómpre JavaScript). O botón Gardar serve para todas as lapelas, non para cada unha individualmente.[1] É dicir, o botón serve para gardar as modificacións feitas en todas as lapelas das preferencias. A ligazón "Restaurar todas as preferencias por defecto" leva ata un formulario de confirmación para restaurar todas as preferencias de cada lapela aos valores por defecto.
As características predeterminadas están pensadas para os lectores e editores principiantes. Os editores máis experimentados tenden a modificar as preferencias para utilizar os trebellos especiais que axudan a realizar algunhas tarefas.
Se contas cunha conta global en todos os wikis da Wikimedia, entón as preferencias das contas en cada sitio son independentes. Isto débese a que cada wiki ten o seu propio software. Algunhas opcións mesmo poden variar nalgúns wikis.
A continuación detállanse as opcións dispoñibles na Galipedia.
Esta lapela permite modificar a experiencia co navegador web. Atópanse, entre outras, as seguintes opcións:
O horario local móstranse, entre outros, nos seguintes casos:
Pola súa banda, a hora UTC móstrase ao asinar nas páxinas de conversa.
A Wikipedia achega aos editores varias opcións para personalizar o xeito de editar as páxinas. Entre elas:
Ademais, ofrécense dúas barras de ferramentas para a parte superior da caixa de edición. Por defecto, móstrase a barra de ferramentas de edición mellorada, mais é posible desactivala para volver á versión vella.
Cada vez que alguén realiza unha edición nunha páxina, gárdase un rexistro coas diferenzas; os historiais das páxinas almacenan todas as revisións de cadansúa páxina. A páxina de cambios recentes mostra as últimas modificacións feitas nas páxinas da base de datos. Estas opcións serven para mostrar a información que aparece en Especial:Cambios recentes dun ou doutro xeito:
As preferencias sobre a lista de vixilancia facilitan o control dos tipos de edicións, usuarios e páxinas que se mostran na páxina Especial:Lista de vixilancia.
Esta lapela serve para escoller as opcións por defecto ao realizar procuras.
Achéganse opcións en relación á visualización das diferenzas entre revisións das páxinas.
Os trebellos son ferramentas creadas polos usuarios, non son parte do software que fai funcionar a Wikipedia. Nesta lapela están clasificados segundo o seu ámbito de actuación. Cómpre ter en conta que adoitan necesitar JavaScript, de modo que é necesario telo activado para que funcionen.
Volver á páxina de axuda. |