Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1975 Ribeira, España |
Morte | 2018 (42/43 anos) Fafián, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | batería |
Membro de | Heredeiros da Crus (1992–1992) |
Lingua | Lingua castelá |
Avelino Manuel Ares Santos[1], nado en Ribeira en 1975 e finado entre finais de abril e primeiros de maio de 2018 en Fafián (Ribeira) [2], foi un músico galego, un dos fundadores de Heredeiros da Crus.
Veciños de Ribeira, el e mais Tonhito de Poi, comezaron a tocar nunha banda de pop chamada Eclipse, e en 1992 fundaron Heredeiros da Crus canda outros tres membros (Tuchiño, Javi Maneiro e Francisco Velo). Ares ata o momento fora teclista, pero, necesitados dun batería no novo grupo[3], vendeu o seu teclado e mercou unha batería simple coa que empezaron a tocar e cantar.
Ares deixou ese mesmo ano a banda[3], durante os ensaios do que sería o seu primeiro álbum, A cuadrilla de Pepa a Loba, se ben xa tocara con Heredeiros en diversas ocasións, entre elas a primeira actuación na Festa da Dorna (1992) de Ribeira.
Despois integrou outros grupos de rock, entre os que destacou La Tuna del Norte (2004).
Estivo nas drogas[3] e faleceu nun piso abandonado de Ribeira, a canda a súa parella sentimental, quizais por asfixia por combustión dun braseiro. No tempo do seu falecemento traballaba descargando peixes. Está soterrado no camposanto parroquial de Xuño.