Atom Yeghoyan (en armenio Աթոմ Եղոյեան), coñecido como Atom Egoyan, nado no Cairo (Exipto) o 19 de xullo de 1960 é un director teatral e cinematográfico canadense.[1][2]
Egoyan naceu no Cairo de pais armenios, artistas que tiñan unha tenda de mobles.[3] O seu nome, Atom, vén por coincidir coa finalización do primeiro reactor nuclear exipcio.[4][5] En 1962, cando tiña dous anos, os seus pais deixaron Exipto polo Canadá, establecéndose en Victoria, Columbia Británica, e cambiando o seu apelido por Egoyan. Egoyan comezou a estudar a cultura armenia na Universidade de Toronto.[6]
Dirixiu na súa carreira varias longametraxes, capítulos de series de televisión e curtametraxes. Debutou no cinema en 1984 con "Next of Kin" e conseguiu recoñecemento internacional co seu filme Exotica (1994). O seu primeiro filme baseado en material alleo foi The Sweet Hereafter (1997), que lle valeu candidaturas ao Oscar como mellor director e mellor guión adaptado.
Ano | Filme | Notas |
---|---|---|
1984 | Next of Kin | |
1987 | Family Viewing | |
1989 | Speaking Parts | |
1991 | The Adjuster | |
1993 | Calendar | |
1994 | Exotica | |
1997 | The Sweet Hereafter | |
1999 | Felicia's Journey | |
2002 | Ararat | |
2005 | Where the Truth Lies | |
2008 | Adoration | |
2009 | Chloe | |
2013 | Devil's Knot | |
2014 | The Captive | |
2015 | Remember |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atom Egoyan |