Anedjib
Falecemento2985 a. C.
SoterradoUmel Caabe
NacionalidadeAntigo Exipto
Ocupaciónmonarca
PaiDen
NaiSeshemetka
CónxuxeHerneith
FillosSemerkhet
editar datos en Wikidata ]

Anedjib foi o sexto faraón da primeira dinastía de Exipto de c. 2867-2861 adC (von Beckerath).

Manetón denomínao Miebidos (Xulio Africano) ou Niebais (Eusebio de Cesarea) e di que reinou 26 anos.

O Canon Real de Turín asignoulle 74 anos.

Merbiapen é o primeiro rei rexistrado na Lista Real de Saqqara.

Manetón comenta que é o fillo do anterior faraón. Unha das súas esposas foi Betrest, a nai do seu seguidor, Semerkhet, xeralmente considerado como usurpador.

O seu nome atópase con frecuencia borrado das inscricións, feito atribuído ao seu sucesor Semerkhet, o que indicaría un período de turbulencias políticas.

A Pedra de Palermo menciona que realizou unha expedición militar contra os nómades e cítalle como fundador de varias cidades.

Construcións

Dátanse de época de Anedjib dúas edificacións, en Saqqara e Abidos.

Testemuños da súa época

Predecesor:
Den
Faraón
Primeira Dinastía
Sucesor:
Semerkhet