Acanto | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Acanthus mollis | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Acantus mollis L., 1753 [1] |
O acanto[1] (Acanthus mollis) é unha planta herbácea perenne orixinaria das estepas africanas, dende antigüidade utilizouse en xardíns da área mediterránea.
O acanto destaca pola súa beleza ornamental e pola súa altura (ata 150 cm) con follas longas, espiñentas e rizadas e flores abrancazadas, rosáceas ou lilas[2]. Agroma sobre todo en xuño. Tamén recibe en galego o nome de ás de anxo[3].
A especie medra na rexión mediterránea, dende Portugal e o noroeste de África até o leste de Croacia; foi adaptada dende a antigüidade no cultivo de xardíns, polo que foi naturalizada e/ou cultivada practicamente no mundo enteiro[4]
É frecuente nas costas da Península Ibérica, moito máis escasa no interior.
Vexeta en noiros, rochas e lugares frescos e húmidos.
Fundamentalmente en xardinaxe, as súas grandes follas basais, brillantes, lobuladas dan un aspecto señorial xunto á súa longa espiga floral. En Galiza en maio. Adóitase usar a variedade latifolius por ser un chisco máis resistente e rexa.
Tamén é usada como motivo escultórico en chapiteis de columnas, como por exemplo na orde corintia.
A presenza na raíz e follas de abundante mucilaxe, permite a súa utilización como amolecedor, mucilaxinosa ou vulneraria. Tense usado para fabricar enemas contra a disentería, hemorroides ou inflamacións das vías baixas.
Algúns xéneros achegados a Acanthus, como Jacobinia, utilízanse como psicótropos.
Emprégase como adstrinxente, antidiarréico, colerético, expectorante. En uso externo: demulcente, vulnerario (cicatrizante). As follas usáronse coma estimulante do apetito e laxante por vía interna, externamente en cataplasmas como antiinflamatorio. O zume da planta recomendouse coma tratamento sintomático do herpes, queimaduras e contusións en xeral por un certo efecto analxésico. Indicado para diarreas, disquinesias hepatobiliares, colecistite, colelitiase. Bronquite, gripe, arrefriados. En uso externo: eccemas, feridas, estomatite, farinxite, rectocolite, vulvovaxinite, distrofias da mucosa vulvovaxinal.[5]
O número de cromosomas é 2n=56.