Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.)
Werner Karl Heisenberg
Datos persoais
Nacemento5 de decembro de 1901
LugarWürzburg, Alemaña Alemaña
Falecemento1 de febreiro de 1976
LugarMúnic, Alemaña Alemaña
Causacarcinoma de células renais e cancro da vesícula biliar
SoterradoWaldfriedhof de Munique
NacionalidadeImperio Alemán, República de Weimar, Alemaña nazi e Alemaña do Oeste
CónxuxeElisabeth Heisenberg
FillosJochen Heisenberg, Martin Heisenberg, (Anna) Maria Heisenberg, Wolfgang Heisenberg, Christine Mann, Barbara Heisenberg e Verena Heisenberg
Actividade
CampoFísica
Alma máterUniversidade de Múnic
Director de teseArnold Sommerfeld
Alumnos de teseFelix Bloch
Edward Teller
Contribucións e premios
Coñecido porPrincipio de indeterminación de Heisenberg, Kramers–Heisenberg formula, grupo de Heisenberg e isospin
PremiosPremio Nobel de Física o 1932
editar datos en Wikidata ]

Werner Karl Heisenberg, nado en Würzburg, Alemaña o 5 de decembro de 1901 e finado en Múnic o 1 de febreiro de 1976, foi un físico alemán.

Traxectoria

Inclinado desde mozo polas matemáticas, e en menor medida pola física, intenta en 1920 empezar un doutoramento en matemática pura, pero Ferdinand von Lindemann rexéitao como alumno porque está próximo a xubilarse. Recoméndalle facer os seus estudos de doutoramento co físico Arnold Sommerfeld como supervisor, quen o acepta de bo grado. Ten como compañeiro de estudos a Wolfgang Pauli.

Durante o seu primeiro ano toma esencialmente cursos de matemática coa idea de pasarse a traballar en teoría de números apenas teña a oportunidade, pero da pouco empeza a interesarse pola física teórica. Comeza a traballar na Teoría da Relatividade de Einstein pero Pauli aconséllalle que se dedique á Teoría Atómica na que aínda había gran discrepancia entre teoría e experimento.

Obtén o seu doutoramento no 1923 e deseguido viaxa a Gotinga, onde traballa como asistente de Max Born. En 1924 viaxa a Copenhaguen e coñece a Niels Bohr. En 1925, Heisenberg discorre a formulación matricial da mecánica cuántica. O que subxace na súa aproximación ó tema é un grande pragmatismo. No canto de concentrarse na evolución dos sistemas físicos de principio a fin, concentra os seus esforzos en obter información sabendo o estado inicial e final do sistema, sen preocuparse demasiado por coñecer de xeito preciso o ocorrido no medio. Concibe a idea de agrupar a información en forma de cadros de dobre entrada. Foi Max Born quen se deu conta de que esa forma de traballar xa fora estudada polos matemáticos e non era outra cousa que a teoría de matrices. Un dos resultados máis rechamantes é que a multiplicación de matrices non é conmutativa, polo que toda asociación de cantidades físicas con matrices terá que reflectir este feito matemático. Isto leva a Heisenberg a enunciar o Principio de indeterminación. A teoría cuántica ten un éxito enorme e logra explicar practicamente todo o mundo microscópico. En 1932, pouco antes de cumprir os 31 anos, recibe o premio Nobel de Física por «A creación da mecánica cuántica, cuxo uso conduciu, entre outras cousas, ó descubrimento das formas alotrópicas do hidróxeno».

En 1935 intenta substituír a Sommerfeld que se xubila como profesor en Múnic, pero os nazis queren eliminar toda teoría física «xudeizante», e nesa categoría entran a mecánica cuántica e a relatividade, cuxos referentes, Max Born e Albert Einstein son xudeus, de maneira que se impide o seu nomeamento.

Malia isto, en 1938, Heisenberg acepta dirixir o intento nazi por obter unha arma atómica. Durante moitos anos subsistiu a dúbida de se este proxecto fracasou por impericia de parte dos seus integrantes ou porque Heisenberg e os seus colaboradores déronse conta do que Hitler podería facer cunha bomba atómica. Só moitos anos despois, en 1995, sóubose que os cálculos alemáns estaban equivocados e que sempre tiveron a intención de construír a bomba.

Véxase tamén

Ligazóns externas