Riccardo Giacconi
Nacemento6 de outubro de 1931
Lugar de nacementoXénova
Falecemento9 de decembro de 2018
Lugar de falecementoSan Diego
NacionalidadeItalia, Estados Unidos de América e Reino de Italia
Alma máterUniversidade de Milán
Ocupaciónastrónomo, físico, profesor universitario, astrofísico, artista visual e astrólogo
CónxuxeMirella Giacconi
PremiosPremio Nobel de Física, NASA Exceptional Scientific Achievement Medal, Medalla Elliott Cresson, Premio Helen B. Warner en Astronomía, Lectorado Henry Norris Russell, Medalla de ouro da Royal Astronomical Society, Medalla Nacional de Ciencia, Medalla Karl Schwarzschild, Premio Wolf en Física, Medalla Bruce, Premio Dannie Heineman de Astrofísica, Programa Fulbright, Premio Marcel Grossmann, Premio Memorial Richtmyer, doutor honoris causa pola Universidade de Padua, Doutor Honoris Causa da Universidade de Uppsala, Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana e Great Immigrants Award
Na rede
Find a Grave: 195279057 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Riccardo Giacconi, nado en Xénova o 6 de outubro de 1931, e morto[1] en San Diego o 9 de decembro de 2018 foi un astrofísico italiano radicado nos Estados Unidos.


Biografía

Foi fillo único de Antonio, un pequeno empresario e Elsa Canni, profesora de matemáticas e física[2]. No 1939 os pais sepáranse, quedando el coa nai, que marcha a Cremona, e logo a Milán, ensinando no mesmo instituto ó que logo acudirá Riccardo[3].

Traxectoria

Estuda Física na Universidade de Milán con Giuseppe Occhialini, especializándose na investigación dos raios cósmicos. Baixo o consello do seu mentor, no 1956 emigra ós Estados Unidos de América. No 1958 comeza a colaborar coa Universidade de Princeton, e logo, Bruno Rossi introdúceo na AS&E (American Science and Engineering)[4] cun programa para o desenvolvemento da investigación en raios X cósmicos, comezando a proxectar instrumentos para poñelos en relevo.

No 1962 descobre Scorpius X-1, primeira fonte extraterrestre coñecida de raios X[4]. No 1970 ocúpase do lanzamento do satélite Uhuru, co que se abre a exploración do ceo profundo ós raios X. Grazas a este recoñecemento celeste, foron descubertas 339 estrelas emisoras de raios X, entre elas Cygnus X-1[4] e Vela X-1.

No 1973, pasa a ser director do Harvard Smithsonian Center for Astrophysics, impulsando o proxecto HEAO-2 dun telescopio de raios X en órbita, que máis adiante foi unha realidade, bautizado como Observatorio Einstein. É ese ano cando decidiu 'eu amo a astronomía, ao menos, como a practico'.[5]

Máis adiante, ten recuperado o cargo de profesor de física e astronomía (1982-1997) e de investigador (a partir do 1998) na Universidade Johns Hopkins.

Do 1993 ó 1999 é Director xeral do European Southern Observatory (ESO).

Foi o investigador xefe do proxecto Chandra Deep Field-South co Chandra X-ray Observatory da NASA.[6]

Recibiu o Nobel de Física de 2002, polas súas contribucións á astrofísica que levaron ao descubrimento dos raios X cósmicos.[5]

Libros

Riccardo Giacconi, Wallace Tucker. The X-Ray Universe, Cambridge, MA: Harvard University Press, 1985.

Riccardo Giacconi
editar datos en Wikidata ]

Premios e recoñecementos

Notas

  1. esa. "Riccardo Giacconi (1931–2018)". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2018-12-30. 
  2. User, Super. "Indice videolezioni PSSC (12)". Fisicapertutti (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-30. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Riccardo Giacconi". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2008. Consultado o 30 de decembro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 "Riccardo Giacconi Facts". The Nobel Prize. Consultado o 1/1/2018. 
  6. "Giacconi Principal Investigator del Chandra Deep Field South". 1/1/2018. 
  7. Bruce Medal page

Véxase tamén

Ligazóns externas