Vladímir Aleksandrovich de Rusia (en ruso: Владимир Александрович) nado en Tsarskoe Selo o 22 de abril de 1847 e finado na mesma cidade o 17 de febreiro de 1909, foi o cuarto fillo dos tsares Alexandre II de Rusia e de María de Hesse, filla de Lois II de Hesse-Darmstadt. Era irmán do tsar Alexandre III de Rusia, que reinou de 1881 a 1894, e tío do último tsar de Rusia Nicolao II.
Ocupou importantes cargos políticos e militares durante os reinados do últimos tres tsares de Rusia.[1]
Nado o 22 de abril de 1847 no palacio de Tsarskoe Selo[2], o gran duque Vladimir Aleksandrovich Romanov foi o cuarto fillo do tsar Alexandre II de Rusia e de María de Hesse-Darmstadt.
Aos 8 anos, o tsar Nicolao I morría, de modo que o seu pai pasaba a sucedelo como tsar de Rusia.[2] O Gran Duque Vladimir Aleksandrovich recibiu unha educación esmerada, interesándose pola literatura e as artes. Como os membros homes da dinastía Romanov, estivo involucrado na carreira militar. Trala morte do tsarévich Nicolao Aleksandrovich, Vladimir Aleksandrovich quedou como segundo herdeiro ao trono.[2] A diferenza do seu irmán Alexandre, Vladimir demostrou ser ambicioso, e a punto estivo de ser novo herdeiro ao trono cando o seu irmán quixo casar de forma morganática, pero finalmente non o fixo.[3] A relación entre os dous irmáns, aínda que foi cordial, nunca foi moi calorosa.[4]
Vladimir Aleksandrovich casou o 28 de agosto de 1874 en San Petersburgo[5] coa duquesa María Isabel Leonor Alexandrina de Mecklemburgo-Schwerin (1854-1920), que tomou o nome de María Pavlovna trala súa conversión á fe ortodoxa.[5] Era filla do Gran Duque Frederico Francisco II de Mecklemburgo-Schwerin e da Princesa Augusta de Reuss-Köstritz.[6] María era bisneta da Gran Duquesa Helena Pavlovna de Rusia, filla do Emperador Paulo I de Rusia. Por tanto, Vladímir era primo segundo do pai de María. Con todo, segundo a ascendencia de Frederico Guillerme III de Prusia, os cónxuxes eran primos segundos. Vladimir e a súa muller foron a vivir ao Palacio de Vladimir, construído polo seu pai para el entre 1867-1872.[7]
A parella tivo cinco fillos:
O fillo máis vello de Vladimir, o gran duque Cirilo Vladimirovich de Rusia casou en 1905 coa súa prima irmá Vitoria Melita de Saxonia-Coburgo-Gotha, filla da gran duquesa María Aleksandrovna de Rusia. Este matrimonio foi rexeitado por Nicolao II[8], pois a Igrexa Ortodoxa rusa prohibía o matrimonio entre primos irmáns, polo que Cirilo foi desposuído do seu título imperial. Ademais, Vitoria Melita estaba divorciada do seu primeiro marido, algo que non se vía apropiado na conservadora corte rusa, máis aínda se este era o irmán da tsarina, o gran duque Ernesto Lois de Hesse-Darmstadt. O tratamento do seu fillo creou unha loita entre Vladímir Aleksandrovich e o tsar. Con todo, despois de varias mortes na familia, Cirilo quedou terceiro na liña de sucesión ao trono imperial, e Nicolao II acordou restablecelo nos seus títulos imperiais,[8] dándolle á súa esposa o título de Gran Duquesa Vitoria Feodorovna.[8]
Vladimir Aleksandrovich morreu en 1909. Despois da Revolución rusa de 1917, Cirilo Vladimirovich foi proclamado emperador en París en 1924, no exilio. Desta maneira, a liña do gran duque Vladimir Aleksandrovich recibiu a condición de agnada da casa imperial. Vladimir Aleksandrovich era o avó paterno do pretendente, o gran duque Vladimir Kirilovich de Rusia, nado en 1917.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vladimir Aleksandrovich de Rusia |
Grandes Duques de Rusia | |
---|---|
As xeracións están numeradas desde Pedro o Grande | |
1ª xeración | Aleksei Petrovich de Rusia · Alexandre Petrovich · Paulo Petrovich · Pyotr Petrovich |
2ª xeración | |
3ª xeración | |
4ª xeración | |
5ª xeración | |
6ª xeración | Nicolao Aleksandrovich · Alexandre III · Vladimir Aleksandrovich · Aleksei Aleksandrovich · Sergei Aleksandrovich · Paulo Aleksandrovich · Nicolao Constantinovich · Constantino Constantinovich · Demetrio Constantinovich · Venceslao Constantinovich · Nicolao Nikolaevich · Pedro Nikolaevich · Nicolao Mikhailovich · Miguel Mikhailovich · Xurxo Mikhailovich · Alexandre Mikhailovich · Sergei Mikhailovich · Aleksei Mikhailovich |
7ª xeración | Nicolao II · Alexandre Aleksandrovich · Xurxo Aleksandrovich · Miguel Aleksandrovich · Alexandre Vladimirovich · Cirilo Vladimirovich · Boris Vladimirovich · Andrei Vladimirovich · Demetrio Pavlovich
|
8ª xeración | |
9ª xeración | |
10ª xeración |
|