Cirilo Vladímirovich de Rusia (en ruso Кири́лл Влади́мирович Рома́нов), nado en Tsarskoe Selo o 12 de outubro de 1876 e finado en París o 12 de outubro de 1938, foi un Gran Duque de Rusia, fillo do Gran Duque Vladimir Aleksandrovich de Rusia e da Gran Duquesa María de Mecklemburgo-Schwerin, nada Duquesa de Mecklemburgo-Schwerin.
As súas diferenzas co tsar duraron de 1905 a 1909, pola opinión desfavorable que este último, como xefe da Casa Imperial, tiña sobre a súa intención de esposarse con Vitoria Melita de Saxonia-Coburgo-Gotha, divorciada dun irmán da tsarina, Ernesto Lois de Hesse-Darmstadt.
Durante a Revolución de febreiro de 1917, que destronou o Tsar, Cirilo Vladimirovich simpatizaba, a pesar do seu xuramento de fidelidade ao emperador, coas faccións revolucionarias, chegando a enarborar a bandeira vermella na súa casa e portando, segundo parece, a camisa vermella baixo a casaca militar. Encabezou a expedición que toma a Duma Imperial para impedir que esta fose disolta polo Tsar. Segundo os seus defensores, tomou parte en iniciativas para defender o trono.
O 8 de marzo de 1917, cando o goberno ordenou a detención do ex-tsar Nicolao II de Rusia e a súa familia, Cirilo Vladimirovich dimitiu dos seus cargos en sinal de protesta. Pouco antes viaxara ilegalmente a Finlandia, que seguía formando parte do Imperio Ruso, e onde naceu o seu fillo Vladimir Kirilovich.
Durante a guerra civil rusa (1917-1923), Cirilo Vladimirovich buscou a restauración da monarquía na súa persoa. Celebrou reunións con militares alemáns pero terminou por recoñecer o fracaso dos Brancos e emigrou a Suíza.
Trala confirmación da morte da familia imperial e da do irmán do tsar Miguel Aleksandrovich, o Gran Duque Cirilo Vladimirovich converteuse no home agnado da dinastía. A desaparición abriu numerosas dificultades para resolver a sucesión ao trono de Rusia. Ante o recoñecemento das potencias á República Soviética, proclamouse Tsar de Rusia co nome de Cirilo I. A decisión foi reprobada polos demais membros da familia, en razón da súa participación nos acontecementos revolucionarios de febreiro de 1917.
No exilio esforzouse por axudar aos rusos tamén exiliados e en difíciles situacións de supervivencia. En reiteradas ocasións condenou o réxime soviético e as súas exaccións sobre o pobo ruso.
Cirilo Vladimirovich finou o 12 de outubro de 1938 nunha clínica de París. Nun primeiro tempo foi enterrado na capela ancestral da familia da súa esposa en Coburgo (Alemaña). O 7 de marzo de 1995 foi enterrado solemnemente xunto á súa esposa na Fortaleza de San Pedro e San Paulo en San Petersburgo.
Unha soa cousa é segura, Cirilo era o home agnado da dinastía trala morte de Nicolao II, do tsarévich Alexei e de Miguel Aleksandrovich, que reinou só por un día. Neste punto, os dereitos poden ser discutidos por diferentes príncipes, pero o home maior da súa dinastía era el. Desde o momento en que Cirilo Vladimirovich converteuse en herdeiro maior dos Romanov, os seus dereitos foron contestados por outros dos seus curmáns, primeiro por razóns políticas (a súa participación na Revolución de febreiro), logo polo feito de que os seus dereitos recaerían hoxe en día nunha muller, María Vladimirovna Romanova ou pola suposta invalidez do seu matrimonio.
A maioría das ligas monárquicas rusas recoñecen os dereitos da descendencia de Cirilo Vladimirovich por riba dos recoñecidos pola Asociación da Familia Romanov, a cal ve na persoa de Demetrio Romanovich Romanov o xefe natural da dinastía a pesar de non ser o home agnado.
Do seu matrimonio coa princesa Vitoria Melita de Saxonia-Coburgo-Gotha naceron tres fillos:
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cirilo Vladimirovich de Rusia |
Grandes Duques de Rusia | |
---|---|
As xeracións están numeradas desde Pedro o Grande | |
1ª xeración | Aleksei Petrovich de Rusia · Alexandre Petrovich · Paulo Petrovich · Pyotr Petrovich |
2ª xeración | |
3ª xeración | |
4ª xeración | |
5ª xeración | |
6ª xeración | Nicolao Aleksandrovich · Alexandre III · Vladimir Aleksandrovich · Aleksei Aleksandrovich · Sergei Aleksandrovich · Paulo Aleksandrovich · Nicolao Constantinovich · Constantino Constantinovich · Demetrio Constantinovich · Venceslao Constantinovich · Nicolao Nikolaevich · Pedro Nikolaevich · Nicolao Mikhailovich · Miguel Mikhailovich · Xurxo Mikhailovich · Alexandre Mikhailovich · Sergei Mikhailovich · Aleksei Mikhailovich |
7ª xeración | Nicolao II · Alexandre Aleksandrovich · Xurxo Aleksandrovich · Miguel Aleksandrovich · Alexandre Vladimirovich · Cirilo Vladimirovich · Boris Vladimirovich · Andrei Vladimirovich · Demetrio Pavlovich
|
8ª xeración | |
9ª xeración | |
10ª xeración |
|