Toy Story | |
---|---|
Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Toy Story |
Director | John Lasseter William Reeves (dirección técnica) |
Produtor | Ralph Guggenheim Bonnie Arnold Ed Catmull Steve Jobs |
Guión | John Lasseter Pete Docter Andrew Stanton Joe Ranft Joss Whedon Andrew Stanton Joel Cohen Alec Sokolow |
Intérpretes | Tom Hanks Tim Allen Don Rickles Jim Varney Wallace Shawn John Ratzenberger Annie Potts John Morris Laurie Metcalf Erik von Detten |
Música | Randy Newman |
Montaxe | Robert Gordon Lee Unkrich |
Estudio | Pixar |
Distribuidora | Walt Disney Pictures |
Estrea | 1995 |
Duración | 81 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación |
Orzamento | $30 000 000 |
Recadación | $362–364 500 000 |
Filme seguinte | Toy Story 2 |
Na rede | |
https://www.pixar.com/feature-films/toy-story e https://www.disney.co.jp/fc/toystory.html | |
|
Toy Story (en galego, Historia de xoguetes) é unha película de animación xerada por computadora de Pixar e Walt Disney Pictures. Estreouse nos Estados Unidos o 22 de novembro de 1995.
Foi a primeira longametraxe totalmente animada por computadora e o primeiro proxecto importante de Pixar no cine.
A familia de Andy mudarase de casa e os xoguetes fan unha reunión para afinar os últimos detalles da mudanza. Ó remate da reunión lembran que ese día é o aniversario de Andy, polo que a maioría dos xoguetes teñen medo de ser substituído por algún novo agasallo. Woody, o xoguete preferido de Andy, chama á calma e envía a un grupo de soldados verdes á festa de aniversario para que nomeen os regalos que reciba Andy. Cando acaban todos os agasallos e entre eles non hai ningún xoguete, a nai de Andy saca un agasallo que tiña escondido e pásallo ó fillo. Antes de que os soldados informen da identidade do regalo, os nenos soben ó cuarto de Andy correndo e os xoguetes volven ás súas posicións orixinais. O agasallo que recibiu Andy era un xoguete chamado Buzz Lightyear, unha figura de acción espacial baseada no protagonista dunha serie de televisión.
Co paso do tempo Buzz capta toda a atención de Andy e Woody sente envexa. Woody crea un plan para acabar con Buzz e que as cousas volvan a ser como eran, lanza a Buzz desde a fiestra do cuarto de Andy, pero os demais xoguetes descobren o que fixo. Andy vai coa súa familia a comer pizza e leva a Woody, xa que Buzz non estaba. Buzz, quen seguira o automóbil, ataca a Woody e os dous quedan abandonados nunha estación. Woody e Buzz chegan ó lugar onde Andy ía ir, pero son atopados por Sid, veciño de Andy. Sid é coñecido por torturar a xoguetes e entregalos ó seu can para que os morda. Os dous esquecen as súas diferenzas para poder escapar da casa de Sid.
É Nadal e os xoguetes están novamente atentos ós agasallos de Andy, entre os que se encontran unha muller con faciana de pataca e un cachorro.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Toy Story |
Filmes |
| ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Curtametraxes |
| ||||||||
Especiais para a televisión |
| ||||||||
Producións asociadas |
| ||||||||
Documentais |
| ||||||||
Produtos |
| ||||||||
Xente |
|