Piper
Ficha técnica
DirectorAlan Barillaro
MúsicaAdrian Belew
EstudioPixar Animation Studios
Walt Disney Pictures
DistribuidoraWalt Disney Studios Motion Pictures
Estrea17 de xuño de 2016, con Finding Dory
Duración6 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación
Na rede
https://www.pixar.com/piper
IMDB: tt5613056 Rottentomatoes: m/piper_2016 Editar o valor em Wikidata

Piper é unha curtametraxe de animación por ordenador producida por Pixar Animation Studios e estreada no 2016. Dirixida por Alan Barillaro, foi emitido nos cines xunto co filme de Pixar Finding Dory o 17 de xuño de 2016.[1] Na 89ª edición dos Oscar gañou o premio á mellor curtametraxe animada.

A curta conta a historia dunha famenta cría de ave escolopácida que aprende a superar a súa acuafobia. A inspiración da curta xurdiu a menos dunha milla dos Estudios Pixar en Emeryville, California, onde o veterano animador de Pixar e o director de Piper, Alan Barillaro, observaron o comportamento destas aves na costa e como buscaban o seu alimento entre as ondas.[1]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 Snetiker, Marc (16 de abril de 2016). Entertainment Weekly, ed. "Piper: Meet Pixar's cutest new short-film hero—exclusive". Consultado o 31 de maio de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Sanjay's Super Team
Curtametraxes de Pixar Animation Studios
2016
Sucesor:
-