Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2020.)
Telescopio Espacial Hubble / HST
O Telescopio espacial Hubble visto dende o Transbordador espacial Discovery durante a misión STS-82
TipoCientífico
OrganizaciónNASA/ESA
Data de lanzamento24 de abril de 1990, 12:33 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial Discovery[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 39B[2][6]
Obxectivo da misiónObservacións astronómicas no rango óptico, ultravioleta e infravermello.[2][6]
NSSDC ID1990-037B
Masa11.600 kg[2][5][6]
Potencia2400 vatios[2]
Datos orbitais
Semieixo maior6934 km[1]
Inclinación28,5 graos[1]
Apoapse565,8 km[1]
Periapse560,9 km[1]

O Telescopio espacial Hubble (HST polas súas siglas inglesas) é un telescopio robótico conxunto da NASA e a ESA localizado na beira externa da atmosfera, en órbita circular ó arredor da Terra, a 593 km sobre o nivel do mar, cun período orbital entre 96 e 97 min.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Denominado desa forma en honor de Edwin Hubble, foi posto en órbita o 24 de abril de 1990 durante a misión STS-31 como proxecto conxunto da NASA e da ESA, inaugurando o programa de Grandes Observatorios. O telescopio pode obter imaxes cunha resolución óptica maior de 0,1 segundos de arco.

O Hubble traballa no rango de frecuencias entre o ultravioleta e o infravermello próximo. Os seus 11.000 kg foron lanzados o 24 de abril de 1990. Outras características:

A vantaxe de dispoñer dun telescopio máis aló da atmosfera radica, principalmente, en que deste xeito pódense eliminar os efectos da turbulencia atmosférica, sendo posible alcanzar o límite de difracción como resolución óptica do instrumento. Ademais, a atmosfera absorbe en grande medida a radiación electromagnética en certas lonxitudes de onda, especialmente no infravermello, diminuíndo a calidade das imaxes e imposibilitando a adquisición de espectros en certas bandas caracterizadas pola absorción da atmosfera terrestre. Os telescopios terrestres vense tamén afectados por factores meteorolóxicos (presenza de nubes) e a contaminación lumínica ocasionada polos grandes asentamentos urbanos, o que reduce as posibilidades de instalación de telescopios terrestres.

O Telescopio Espacial Hubble foi un dos proxectos que, sen dúbida, máis teñen contribuído ó descubrimento espacial e desenvolvemento tecnolóxico de toda a Historia da Humanidade. Gran parte do coñecemento científico do que os estudosos dispoñen do espazo interestelar débese ao Telescopio Hubble.

Descrición técnica

[editar | editar a fonte]

A unidade ten un peso en torno a 11 toneladas, é de forma cilíndrica e ten unha lonxitude de 13,2 m e un diámetro máximo de 4,2 m. O custo do telescopio ascendeu (en 1990) a 2.000 millóns de dólares US. Inicialmente un erro no puído do espello primario do telescopio (debido a cuestións de programación da máquina correspondente) produciu imaxes lixeiramente desenfocadas debido a aberracións esféricas. Aínda que este fallo foi considerado no seu día como unha importante neglixencia por parte do proxecto, a primeira misión de servizo na que unha nave tripulada se achegou ó telescopio espacial puido instalar un sistema de corrección óptica capaz de corrixir o defecto do espello primario con pouca perda, acadándose as especificacións de resolución previstas ó inicio.

O telescopio é un reflector de dous espellos, tendo o principal 2,4 m de diámetro. Para a exploración do ceo incorpora varios espectrómetros e tres cámaras, unha de campo estreito para fotografar zonas pequenas do espazo (de brillo débil polo seu afastamento), outra de campo ancho, para obter imaxes de planetas, e unha terceira, infravermella.

Para a xeración de electricidade empréganse dous paneis solares que alimentan as cámaras, os catro motores empregados para orientar e estabilizar o telescopio e os equipos de refrixeración da cámara infravermella e o espectrómetro que traballan a 93 K.

Desde o seu lanzamento, o telescopio recibiu varias visitas dos astronautas para corrixir diversos erros de funcionamento e instalar equipo adicional. Debido ao rozamento coa atmosfera (moi tenue a esa altura), o telescopio vai perdendo velocidade moi lentamente e á vez gañando peso por mor da interacción atractiva entre corpos con masa (o proceso de deceleración fai que descenda a súa altitude, achegándoo máis á codia terrestre, e aumentando polo tanto a forza de atracción que a Terra posúe sobre o satélite, o que aumenta inda máis o proceso de descenso), de modo que cada vez que é visitado, o transbordador espacial debe empuxalo a unha órbita lixeiramente máis alta. Deste xeito, conséguese manter a órbita, que fora alterada polos efectos físicos antes mencionados, rozamento e atracción terrestre.

A quinta misión de mantemento, prevista para 2006, cancelouse. Con ela, estaba previsto que o Hubble acadase o final da súa vida útil en 2010, 5 anos máis tarde do previsto. O fin do Hubble, xa que logo, é incerto, xa que depende da vida dos xiroscopios, baterías e o freado atmosférico. A Axencia Espacial Canadense, a ESA e a NASA prevén lanzar en 2019 o telescopio James Webb para substituír o Hubble.[7][8][9]

O 14 de xuño de 2006 a Cámara de recoñecemento avanzado (siglas en inglés, ACS), un dos instrumentos considerados fundamentais no telescopio, deixou de funcionar. A causa estribaba nun problema de excesiva voltaxe no circuíto de alimentación principal, e puido ser arranxada coa activación do sistema de apoio. O 30 de xuño a ACS volveu funcionar correctamente. O 31 de outubro de 2006, o Administrador de NASA anunciou a aprobación para unha misión de mantemento. Esta misión de 11 días de duración, pautada tentativamente entre a primavera e o outono de 2008, entraña a instalación de novas baterías, da terceira cámara de ángulo ancho do Telescopio Espacial e dun novo espectrógrafo, así como a reparación os xiroscopios.

En 2019 segue funcionando e enviando imaxes de xeito periódico, como as de vixilancia dos planetas Urano e Neptuno.[10]

Cifras

[editar | editar a fonte]

Principais descubrimentos

[editar | editar a fonte]
Nacemento de estrelas na nebulosa da Aguia.

Algúns fitos

[editar | editar a fonte]

No seu 32 aniversario, o HST nfocou ó Hickson Compact Group 40, un grupo de cinco galaxias en proceso de mestura.[11]

Novos interrogantes

[editar | editar a fonte]

O Hubble contribuíu a revitalizar algunhas preguntas postas con antelación á súa existencia:

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "HST" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de marzo de 2013). "HST" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2011. Consultado o 16 de abril de 2013. 
  3. "Note verbale dated 17 January 1992 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (92-02818): 7. 21 de xaneiro de 1992. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2014. Consultado o 16 de abril de 2013. 
  4. Claude Lafleur (2010). "HST / The Hubble Space Telescope" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Hubble (HST)" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "HST" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2013. 
  7. https://www.jwst.nasa.gov/
  8. http://www.asc-csa.gc.ca/fra/satellites/jwst/
  9. http://sci.esa.int/jwst/
  10. "HubbleSite: News - Hubble Reveals Dynamic Atmospheres of Uranus and Neptune". hubblesite.org. Consultado o 2019-02-18. 
  11. "Celebrating Hubble’s 32nd birthday with a galaxy grouping". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-07-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]