STS-82 | |
---|---|
O telescopio espacial Hubble na bodega de carga do Discovery. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 11 de febreiro de 1997, 8:55 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 9,98 días[6] |
Obxectivo da misión | Reparación e mantemento do telescopio espacial Hubble.[3][6] |
Regreso | 21 de febreiro de 1997[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1997-004A |
STS-82 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 11 de febreiro de 1997 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-82, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para reparar e dar servizo ao telescopio espacial Hubble na segunda misión deste tipo despois da STS-61. Durante a misión a tripulación, formada polo comandante Kenneth D. Bowersox, o piloto Scott J. Horowitz e os especialistas de misión Mark C. Lee, Steven A. Hawley, Gregory J. Harbaugh, Steven L. Smith e Joseph R. Tanner, substituíu un sensor de guiado fino do telescopio, cambiou unha das grabadoras de datos en cinta por unha grabadora de estado sólido e cambiou dous dos instrumentos orixinais (o GHRS e o FOS) por outros dous novos (STIS e NICMOS). Durante a misión fixéronse un total de cinco actividades extravehiculares.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 21 de febreiro de 1997.[3][5][6][7]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-82 |