Star Wars Episode VII: The Force Awakens | |
---|---|
Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Star Wars Episode VII: The Force Awakens |
Director | J. J. Abrams |
Produtor | J. J. Abrams Bryan Burk Kathleen Kennedy |
Guión | J. J. Abrams Lawrence Kasdan |
Baseado en | Personaxes de George Lucas |
Intérpretes | Daisy Ridley John Boyega Adam Driver Oscar Isaac Andy Serkis Domhnall Gleeson Max von Sydow Harrison Ford Carrie Fisher Mark Hamill Anthony Daniels Peter Mayhew Kenny Baker |
Música | John Williams |
Fotografía | Dan Mindel |
Montaxe | Maryann Brandon Mary Jo Markey |
Estudio | Walt Disney Pictures Lucasfilm Bad Robot Productions |
Distribuidora | Walt Disney Studios Motion Pictures |
Estrea | 2015 |
Duración | 135 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ficción científica |
Orzamento | $306 000 000[1] |
Recadación | $2 068 000 000[2] |
Filme anterior | A guerra das galaxias, episodio VI: O retorno do Jedi |
Filme seguinte | Star Wars Episode VIII: The Last Jedi |
Na rede | |
http://www.starwars.com/the-force-awakens | |
Star Wars Episode VII: The Force Awakens (tamén coñecido como Star Wars: The Force Awakens) é un filme estadounidense dirixido por J. J. Abrams que se estreou en decembro de 2015. É o sétimo título na serie de filmes de Star Wars, e está protagonizado por John Boyega, Daisy Ridley, Adam Driver, Oscar Isaac, Andy Serkis, Domhnall Gleeson e Max von Sydow, xunto con Harrison Ford, Carrie Fisher, Mark Hamill, Anthony Daniels, Peter Mayhew e Kenny Baker. A historia está ambientada aproximadamente 30 anos despois dos eventos de O retorno do Jedi (1983).
The Force Awakens é o primeiro filme da terceira triloxía de Star Wars, despois da adquisición feita por The Walt Disney Company de Lucasfilm en outubro de 2012. Foi producido por Abrams, o seu colaborador habitual Bryan Burk, e a presidenta de Lucasfilm Kathleen Kennedy. Ademais de dirixir e producir, Abrams foi co-guionista con Lawrence Kasdan, que tamén escribiu os filmes da triloxía orixinal O imperio contraataca e O retorno do Jedi. Abrams e Kasdan reescribiron un guión inicial de Michael Arndt. John Williams volve ser o compositor da banda sonora, e o creador da saga, George Lucas, é o asesor creativo.
O filme está producido por Walt Disney Pictures, Lucasfilm, e Bad Robot Productions e foi distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. A fase de rodaxe comezou en abril de 2014 en Abu Zabi e Islandia, e a fotografía realizouse entre maio e setembro de 2014 en Abu Zabi, Irlanda, e Pinewood Studios en Inglaterra. The Force Awakens foi estreado o 18 de decembro de 2015 en 2D, 3D e IMAX 3D.