A guerra das galaxias | |
---|---|
Logo da franquía Star Wars do filme orixinal A guerra das galaxias | |
Creador | George Lucas |
Obra orixinal | A guerra das galaxias (1977) |
Cine e televisión | |
Filmes | Saga:
Outros filmes:
Animación:
|
Series de televisión | Canon:
Lendas:
|
Xogos | |
Videoxogos | Lista de videoxogos de Star Wars |
A guerra das galaxias (en inglés Star Wars, literalmente «guerras estelares» ou «guerras das estrelas») é unha serie de oito filmes de ciencia ficción creada polo produtor, director e guionista norteamericano George Lucas, tralo éxito de American Graffiti. A serie comezou en 1977 con Star Wars Episodio IV: Unha Nova Esperanza, e dende entón converteuse nun fenómeno social e cultural, do que se crearon novelas, historias en banda deseñada, videoxogos... Isto permitiu a Lucas ampliar a historia con dous episodios máis: O Imperio Contraataca e O Retorno do Jedi, que continuarían o grande éxito da primeira. Vinte anos máis tarde, George Lucas comezaría a traballar nunha nova triloxía que narraría a historia inicial vinte anos antes do que acontece no episodio IV, desvelando a orixe de tódolos personaxes e da trama. Así, a nova triloxía consta dos Episodios I, II e III: A Ameaza Pantasma, O Ataque dos Clons e A Vinganza dos Sith, que resultarían un novo éxito comercial, pero un fracaso rotundo na crítica que fixo que o propio Lucas se retirase da dirección de novas películas da saga.
A historia comeza cun evocador Hai moito tempo, nunha galaxia moi, moi lonxe... e narra, se seguimos a orde dos episodios, a historia dunha gran república galáctica en crise, na que os Jedi, gardiáns do ben e da xustiza, e os Sith, donos do lado escuro da forza e conspiradores contra a democracia, enfróntanse polo dominio da galaxia. Dun xeito casual, os jedis atopan un neno chamado Anakin Skywalker que concentra unha extraordinaria forza. O neno é adestrado polos jedis e, cando chega a maior, namórase da bela senadora Padmé Amidala. O seu amor prohibido fai que o mozo Skywalker, no seu medo a perdela, se interne no lado escuro da forza axudado polo corrupto líder do senado e lord sith Palpatine. Cando estes controlan o senado e instauran un autoritario Imperio, comezará un aniquilamento de tódolos jedi. Nun espectacular enfrontamento nun planeta volcánico, o antigo adestrador de Skywalker, Obi-Wan Kenobi, bate o novo sith, deixando a este abrasado pola lava, o que lle deixaría enormes secuelas físicas. Rehabilitado por Palpatine, o rebautizado Skywalker, agora Darth Vader, adquire un aspecto tétrico a través dun traxe negro e dunha emblemática máscara.
A acción avanza vinte anos cando unha pequena forza rebelde, liderada pola princesa Leia, se fai cos planos da maior arma do malvado imperio, a Estrela da Morte. A partir de aquí comezaría unha loita que implicaría o novo Luke Skywalker, o descoñecido e oculto fillo de Darth Vader. A través do tamén mestre de Vader, Obi-Wan Kenobi, e do contrabandista Han Solo, Luke comezará unha viaxe que o alzaría como líder da rebelión. Pero cando coñece a realidade do seu pai e da súa irmá secreta, a princesa Leia, Luke comezará unha loita persoal por salva-la galaxia e, á súa vez, o seu pai. Finalmente, a rebelión alzaríase coa vitoria e Vader acadaría a súa redención matando o seu mestre, o emperador Palpatine, para salvar o seu fillo co que a galaxia recuperaría a paz e a xustiza coa extinción dos sith e a vitoria dos jedi.
Personaxe | Películas | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
The Phantom Menace | Attack of the Clones | Revenge of the Sith | A New Hope | The Empire Strikes Back | Return of the Jedi | The Force Awakens | The Last Jedi Episodio VIII: Os últimos Jedi (2017)
| |
Darth Vader | Hayden Christensen James Earl Jones (voz) |
David Prowse James Earl Jones (voz) |
||||||
Anakin Skywalker | Jake Lloyd | Hayden Christensen | Sebastian Shaw Hayden Christensen (edición en DVD de 2004)[1] |
|||||
Obi-Wan Kenobi | Ewan McGregor | Alec Guinness | Ewan McGregor (voz) Alec Guinness (arquivo de son) | |||||
Padmé Amidala | Natalie Portman | |||||||
C-3PO | Anthony Daniels | |||||||
R2-D2 | Kenny Baker | Jimmy Vee | ||||||
Yoda | Frank Oz
(voz) |
Frank Oz
(voz) |
Frank Oz
(arquivo de son) |
Frank Oz
(voz) | ||||
Palpatine Darth Sidious |
Ian McDiarmid | Clive Revill Ian McDiarmid (edición en DVD de 2004)[1] |
Ian McDiarmid | |||||
Mace Windu | Samuel L. Jackson | |||||||
Nute Gunray | Silas Carson | |||||||
Jar Jar Binks | Ahmed Best (voz) | |||||||
Xeneral Grievous | Matthew Wood (voz) | |||||||
Bail Organa | Jimmy Smits | |||||||
Conde Dooku Lord Tyranus |
Christopher Lee | |||||||
Jango Fett | Temuera Morrison | |||||||
Shmi Skywalker | Pernilla August | |||||||
Qui-Gon Jinn | Liam Neeson | |||||||
Sabé | Keira Knightley | |||||||
Watto | Andy Secombe (voz) | |||||||
Jabba o Hutt | Larry Ward
(voz) |
(actor sen acreditar, voz) (Edición Especial 1997) | Larry Ward (voz) | |||||
Darth Maul | Ray Park Peter Serafinowicz (voz) |
|||||||
Sebulba | Lewis MacLeod (voz) | |||||||
Luke Skywalker | Aiden Barton (bebé, cameo) | Mark Hamill | ||||||
Leia Organa | Aiden Barton (bebé, cameo) | Carrie Fisher | ||||||
Han Solo | Harrison Ford | |||||||
Chewbacca | Peter Mayhew | |||||||
Boba Fett | Daniel Logan | Jeremy Bulloch | ||||||
Wedge Antilles | Denis Lawson | |||||||
Lando Calrissian | Billy Dee Williams | |||||||
Wicket W. Warrick | Warwick Davis | |||||||
Maximilian Veers | Julian Glover | |||||||
Owen Lars | Joel Edgerton | Phil Brown | ||||||
Beru Lars | Bonnie Piesse | Shelagh Fraser | ||||||
Wilhuff Tarkin | Wayne Pygram | Peter Cushing | ||||||
Lor San Tekka | Max Von Sydow | |||||||
Rey | Daisy Ridley | |||||||
Finn | John Boyega | |||||||
Poe Dameron | Oscar Isaac | |||||||
Snoke | Andy Serkis | |||||||
Kylo Ren (Ben Solo) | Adam Driver | |||||||
Hux | Domhnall Gleeson | |||||||
Maz Kanata | Lupita Nyong'o | |||||||
Phasma | Gwendoline Christie | |||||||
Rose Tico | Kelly Marie Tran | |||||||
Amilyn Holdo | Laura Dern | |||||||
DJ | Benicio del Toro |
Os videoxogos de Star Wars son moi numerosos xa dende a aparición das primeiras videoconsolas. Os videoxogos son variados, habendo dende arcades ata xogos de rol, pasando por arcades de carreiras ou xogos de estratexia, producidos en gran parte pola propia compañía de videoxogos LucasArts.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: A guerra das galaxias |
A Galicitas posúe citas sobre: A guerra das galaxias |
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |