Soiuz TM-18 | |
---|---|
Parche da misión Soiuz TM-18. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 8 de xaneiro de 1994, 10:05 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U2[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 182,02 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Mir.[2][6] |
Regreso | 9 de xullo de 1994, 10:32 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1994-001A |
Masa | 7150,0 kg[2][5][6] |
Soiuz TM-18 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 8 de xaneiro de 1994 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Soiuz TM-18, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Viktor Afanasiev, Valeri Poliakov e Iuri Usachov a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.[2][3][4][5]
Durante a súa estancia recibiron a visita da Progress M-20, a Progress M-21, a Progress M-22 e a Soiuz TM-19.[2][3][4][5]
A Soiuz regresou a terra o 9 de xullo de 1994 ás 10:32 GMT, tocando terra a uns 110 km ao norte de Arkalyk (Casaquistán).[2][3][4][5]