Pablo Contreras | |||
---|---|---|---|
Contreras co Melbourne Victory en 2013 | |||
Información persoal | |||
Nome | Pablo Andrés Contreras Fica | ||
Nacemento | 11 de setembro de 1978 (45 anos) | ||
Lugar de nacemento | Santiago de Chile | ||
Altura | 1,83 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1997–1999 | Colo-Colo | 37 | (2) |
1999–2001 | Monaco | 26 | (0) |
2001 | → Racing Club (cedido) | 8 | (0) |
2001–2008 | Celta de Vigo | 105 | (6) |
2001–2002 | → Osasuna (cedido) | 31 | (1) |
2002–2003 | → Sporting CP (cedido) | 30 | (2) |
2008 | Braga | 13 | (0) |
2008–2012 | PAOK | 106 | (8) |
2012 | Colo-Colo | 16 | (0) |
2012–2013 | Olympiacos | 17 | (1) |
2013–2014 | Melbourne Victory | 20 | (0) |
Total | 409 | (18) | |
Selección nacional | |||
1999–2012 | Chile | 67 | (2) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Pablo Andrés Contreras Fica, nado en Santiago de Chile o 11 de setembro de 1978, é un exfutbolista chileno. Xogaba na demarcación de defensa central e foi internacional coa selección chilena.
Debutou profesionalmente no ano 1997 no Colo-Colo chileno, gañando os títulos de Clausura en 1997 e o torneo nacional en 1998. Ao comezo da tempada 1999/00 foi traspasado ao AS Mónaco, equipo co que gañou a Liga e a Supercopa de Francia ese mesmo ano, porén por problemas burocráticos tivo que deixar o equipo e fichar polo Racing Club de Avellaneda.
A mediados do ano 2001 fichou por outro club europeo, o CA Osasuna, e ao ano seguinte por outro, o Sporting Clube de Portugal. O seu bo papel nestes equipos fan que o Celta de Vigo, recentemente clasificado para disputar a Liga de Campións, se fixe nel e o fiche. Co equipo vigués chega ata oitavos de final na competición europea, perdendo contra o Arsenal FC inglés. Porén o equipo descendería a Segunda División a final de tempada. Ao longo dos seus cinco anos no Celta Contreras viviu o ascenso ao ano seguinte, unha clasificación para a Copa da UEFA e un novo descenso no ano 2008. Finalmente deixou o equipo no mercado de inverno da tempada 2007/08.
Despois do irse do equipo galego fichou por un breve período de tempo, seis meses, polo Sporting Braga e en xuño dese mesmo ano recalou no PAOK Tesalónica FC. Posteriormente volveu ao seu club de orixe, o Colo-Colo, antes de fichar polo Olympiakos FC. Finalmente fichou polo Melbourne Victory FC.
Foi internacional coa Selección de fútbol de Chile en 67 ocasións ata a data,[cando?] debutando no ano 1997. Tamén formou parte da Selección Sub-23 que disputou os Xogos Olímpicos de Sidney 2000, na que fixo un papel destacado e axudou ao equipo a acadar a medalla de bronce.