Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.)

Coñécese co nome de oitomiles os 14 cumios máis altos da Terra, pois teñen máis de 8.000 metros de altitude sobre o nivel do mar. Atópanse todas elas nas cordilleiras do Himalaia e do Karakoram, en Asia.

Na lista só se consideran aqueles cumes que teñen unha preeminencia topográfica de 200 a 500 metros, o que serve para descartar subcumios e cumios intermedios. Algúns destes cumios intermedios, como o cumio intermedio do Lhotse tamén teñen a súa particular historia de escaladas, rutas e deportistas.

As montañas que superan os 8.000 metros son as seguintes:

Orde Nome Altura (m) Cordilleira País Primeiro ascenso
1 Everest 8.848 Himalaia Mahalangur Nepal - Tíbet 1953
2 K2 8.611 Karakoram Baltoro Paquistán - China 1954
3 Cancheniunga 8.586 Himalaia Cancheniunga Nepal - India India 1955
4 Lhotse 8.516 Himalaia Mahalangur Nepal - Tíbet 1956
5 Macalu 8.485 Himalaia Mahalangur Nepal - Tíbet 1955
6 Cho Oiu 8.188 Himalaia Mahalangur Nepal - Tíbet 1954
7 Daulaguiri 8.167 Himalaia Daulaguiri Nepal 1960
8 Manaslu 8.163 Himalaia Manaslu Nepal 1956
9 Nanga Parbat 8.125 Himalaia Nanga Parbat Paquistán 1953
10 Annapurna 1 8.091 Himalaia Annapurna Nepal 1950
11 Gasherbrum 1 8.080 Karakoram Baltoro Paquistán - China 1958
12 Broad Peak 8.051 Karakoram Baltoro Paquistán - China 1957
13 Gasherbrum 2 8.034 Karakoram Baltoro Paquistán - China 1956
14 Xixapangma 8.027 Langtang Himalaia Tíbet 1964

Alpinistas que completaron os oitomiles

[editar | editar a fonte]

A primeira persoa en escalar todas as catorce montañas con máis de 8000 m foi o italiano Reinhold Messner, que completou a fazaña o 16 de outubro de 1986. Un ano máis tarde, en 1987, o polaco Jerzy Kukuczka foi o segundo home en facelo. En maio de 2010 a guipuscoana Edurne Pasaban converteuse na 23ª persoa en acadalo, sendo a segunda muller en logralo despois de que un mes antes o fixese Oh, Eun-Sun.

Nome Período Nacionalidade
1 Reinhold Messner 1970-1986 Italia Italia
2 Jerzy Kukuczka 1979-1987 Polonia Polonia
3 Erhard Loretan 1982-1995 Suíza Suíza
4 Carlos Carsolio 1985-1996 México
5 Krzysztof Wielicki 1980-1996 Polonia Polonia
6 Juanito Oiarzabal 1985-1999 España España
7 Sergio Martini 1976-2000 Italia Italia
8 Hong-Gil Um 1988-2000 Corea do Sur
9 Park Young Seok 1993-2001 Corea do Sur
10 Alberto Inurrategi 1991-2002 España España
11 Han Wang Yong 1994-2003 Corea do Sur
12 Ed Viesturs 1989-2005 Estados Unidos de América Estados Unidos
13 Alan Hinkes 1987-2005 Reino Unido Reino Unido
14 Silvio Mondinelli 1993-2007 Italia Italia
15 Iván Vallejo 1999-2008 Ecuador
16 Denis Urubko 2000-2009 (11 de maio) Casaquistán
17 Ralph Dujmovits 1990-2009 (20 de maio) Alemaña Alemaña
18 Veikka Gustafsson 1993-2009 (xullo) Finlandia Finlandia
19 Andrew Lock[1] 1993-2009 (outubro) Australia Australia
20 João Garcia[2] 1993-2010 (17 de abril) Portugal Portugal
21 Piotr Pustelnik[3] 1990-2010 (27 de abril, 13 horas) Polonia Polonia
22 Oh, Eun-Sun*[4][5] 1997-2010 (27 de abril, 15 horas) Corea do Sur
23 Edurne Pasaban Lizarribar[6] 2001-2010 (17 de maio) España España

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "Noticia da consecución do "oitomil" número 14 para Andrew Lock". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2009. Consultado o 24 de agosto de 2010. 
  2. http://explorersweb.com/everest_k2/news.php?id=19261 Arquivado 24 de xuño de 2018 en Wayback Machine. Annapurna summit push watch: SUMMITS! (Explorersweb)
  3. "Información sobre o logro de Pustelnik en ExWeb". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2010. Consultado o 24 de agosto de 2010. 
  4. A ascensión ó Kangchenjunga de Oh, Eun-Sun en 2009 está baixo discusión.
  5. "Oh, Eun-Sun, primeira muller en conquistar os 14 "oitomiles" en ExWeb". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2012. Consultado o 24 de agosto de 2010. 
  6. Edurne Pasabán coroa o seu 14º 'ochomil'

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]