Coordenadas: 35°14′21″N 74°35′24″L / 35.239166666667, 74.59
O Nanga Parbat é un cumio da cordilleira do Himalaia, de 8.126 m, sendo a novena montaña máis alta do mundo e a segunda de Paquistán. Situado ao norte do país, é o pico superior aos oito mil metros localizado máis ao occidente.
O nome do monte significa montaña espida en urdú e hindi. A denominación débese a que se trata dunha montaña illada, separada do resto de grandes montañas, feito que a fai destacar na paisaxe circundante. Este mesmo isolamento faina ao tempo especialmente perigosa para os escaladores.
En caxemir o seu nome é Diamir, que quere dicir rei das montañas.
O Nanga Parbat, como outras montañas elevadas, ten varios cumes menores, a parte do principal, entre os que cómpre desetacar os seguintes:
Nanga Parbat | 8.126 m |
Nanga Parbat, lomba | 8.070 m |
Nanga Parbat, cima sur | 8.042 m |
Nanga Parbat, cima nordeste | 7.910 m |
Nanga Parbat, cima norte | 7.815 m |
Nanga Parbat, 2ª cima norte | 7.785 m |
Nanga Parbat, Silberzacken | 7.597 m |
Nanga Parbat, cima leste | 7.530 m |
En 1953 unha expedición alemá, dirixida por Karl-Maria Herrligkoffer, logrou pisar o cume do Nanga Parbat o 3 de xullol de 1953. O único integrante desta expedición que chegou ao cume foi o escalador austríaco Hermann Buhl, co mérito engadido de facelo sen máscara de osíxeno.
A primeira ascensión invernal tardaría sesenta e tres anos máis, o 23 de febreiro de 2016 e pola seguinte orde Ali Sadpara, Alex Txikon e Simone Moro chegaron ó máis alto do pico paquistaní[1].
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nanga Parbat |