Coordenadas: 43°00′41″N 7°33′32″O / 43.011448, -7.558876

Museo Provincial de Lugo
Museo provincial de Lugo.
PaísGaliza
CidadeLugo
TipoArqueolóxico, histórico, cultural
AdministradorDeputación de Lugo
Construción1932
Inauguración1934
Na rede
http://redemuseisticalugo.org/
editar datos en Wikidata ]
Claustro do convento de San Francisco.

O Museo Provincial de Lugo foi fundado pola Deputación de Lugo no ano 1934. A idea de crear un museo provincial xurdiu en 1932 coa proposta de reunir e protexer os bens do patrimonio cultural lucense, até daquela esparexidos ao longo da provincia en coleccións privadas. Atópase no centro da cidade, na praza da Soidade.

Historia e características

A primeira sede do museo estableceuse no Pazo de San Marcos (baixo a dirección de Luis López Martí), e contaba con varias salas nas que se expoñían diferentes materiais arqueolóxicos, históricos e artísticos. En 1957, decidiuse mudar a localización do museo, xa que o continuo incremento de fondos fixeran pequeno o espazo adicado ás exposicións. O lugar elixido foi o antigo convento de San Francisco, remodelado e ampliado polo arquitecto vigués Manuel Gómez Román, quen se inspirou na estrutura dos Pazos galegos para o deseño do novo edificio. Das dependencias do convento conserva a cociña, o refectorio (ámbolos dous do século XVIII) e mailo claustro (do século XV).

O 1 de marzo de 1962 o Museo Provincial de Lugo foi declarado Ben de Interese Cultural. En 1983, o material etnográfico que posuía o Museo foi trasladado ó Museo etnográfico e histórico de San Paio de Narla (Friol), que se constituíu así na sección de etnografía do Museo Provincial de Lugo. A montaxe desta sección foi realizada polo arqueólogo Felipe Arias Vilas.

En 1997 o museo foi novamente ampliado, segundo un proxecto do arquitecto Antonio González Trigo. Esta ampliación foi inaugurada polos Duques de Lugo o 16 de xaneiro de 1997.

Fondos

Tabula Hospitalis

Os fondos do Museo distribúense en 28 salas repartidas en dúas plantas.

Outros aspectos do Museo

O Museo conta cun xardín no que se expoñen esculturas modernistas e, nos soportais, réplicas de relevos especialmente interesantes cuxos orixinais consérvanse ben no Museo Provincial, ben no Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo. Conta tamén cunha ampla sala na que se montan exposicións temporais.

Galería de imaxes

Notas

  1. Ficha do mosaico.
  2. Ficha da estela funeraria de Crecente.
  3. Ficha do carneiro alado de Ribadeo.
  4. Tabula Hospitalis
  5. Gago, Manuel. capitulocero, ed. "Un drama para o noso patrimonio: hoxe leváronse o tesouro de Álvaro Gil do Museo de Lugo". Consultado o 24 de outubro de 2013. 
  6. "A colección de Álvaro Gil volve a casa sendo patrimonio de todos os lucenses". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2015. Consultado o 12 de agosto de 2017. 
  7. A Deputación de Lugo aforra preto de cinco millóns co acordo asinado este mediodía cos herdeiros de Álvaro Gil para a adquisición da colección de ourivería prerromana na páxina web da Deputación de Lugo

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas