Alfonso Sucasas | |
---|---|
Nacemento | 18 de marzo de 1940 |
Lugar de nacemento | Goiás |
Falecemento | 26 de xuño de 2012 |
Lugar de falecemento | Ferreirós |
Nacionalidade | España |
Ocupación | pintor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alfonso Sucasas Guerra, nado en Goiás (Lalín) o 18 de marzo de 1940 e finado en Ferreirós (Vila de Cruces) o 26 de xuño de 2012,[1] foi un pintor galego.
Aos quince anos decidiu prepararse para o exame de acceso nunha academia oficial de belas artes. Formouse co profesor Carloandrés López del Rey do Instituto Laboral de Lalín.[2] Posteriormente continuou a súa formación en Madrid e viaxou a Venezuela e o Brasil, onde residiu varios anos. En 1968 regresou definitivamente a Galicia e desenvolveu a súa carreira como pintor, primeiro cunha pintura de carácter socio-político para centrarse posteriormente na interpretación do mundo rural galego, a través dunha pintura xestual e expresionista.
Casou con María Espinosa Borrego.