Maurits Cornelis Escher, nado en Leeuwarden o 17 de xuño de 1898 e finado en Laren o 27 de marzo de 1972, foi un artista neerlandés, coñecido polos seus gravados en madeira (xilografías), en pedra (litografías) e a media tinta, que trataban de representar construcións imposibles, a exploración do infinito, e as combinacións de motivos que se transforman gradualmente en formas totalmente diferentes.
Maurits Cornelis Escher foi o fillo máis novo dun enxeñeiro hidráulico. En 1903, a familia mudouse a Arnhem. O seu profesor F.W. van der Haagen ensinoulle a técnica dos gravados en linóleo e foi unha grande influencia para o mozo Escher.
Con respecto ás técnicas utilizadas, Escher utilizou case exclusivamente recortes de madeira ata o ano 1929. Logo interesarase moito máis pola litografia e a xilogravura. Fixo gravados en madeira, e tamén uns 2.000 debuxos e borradores. De moitos existen decenas de reproducións, centos e ata miles doutros. Ao final da súa carreira destruíu algunhas das pranchas para que non se realizasen máis reproducións de orixinais. Tamén existen estudos e borradores de moitas das súas obras, en ocasións tamén varias versións dalgunhas delas. Moitas das súas obras vendéronse masivamente pouco despois da súa morte e están esparexidas polo mundo. Un grupo importante está exposto de forma permanente no Museo Escher na Haia (Países Baixos).
A súa obra experimenta con diversos métodos de representar (en debuxos de 2 ó 3 dimensións) espazos paradoxais que desafían aos modos habituais de representación. A obra de Maurits Cornelis Escher interesou a moitos matemáticos.
A análise das súas obras, tal e como a definiu Bruno Ernst, un dos seus biógrafos, permite clasificalas basicamente en tres temas e diversas categorías:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maurits Cornelis Escher |
A Galicitas posúe citas sobre: Maurits Cornelis Escher |