Hieronymus Bosch | |
---|---|
![]() | |
Nome | Jeroen van Aken |
Nacemento | c. 1450 |
's-Hertogenbosch | |
Falecemento | agosto de 1516 |
's-Hertogenbosch | |
Nacionalidade | Países Baixos do Sur |
Cónxuxe(s) | Aleyt Goyaerts van den Meerveen |
Movemento | Pintura do Renacemento. Escola dos Países Baixos |
Traballos | Véxase obras |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hieronymus Bosch, latinizado como Bosco será tamén coñecido como Jeroen Bosch ou polo nome real Jeroen van Aken, nado en 's-Hertogenbosch contra 1450 e finado en 's-Hertogenbosch en agosto de 1516, foi un prolífico pintor neerlandés.
Naceu nunha familia de pintores holandeses e alemáns de certa importancia local, os van Aken,[1] viviu boa parte da súa vida en 's-Hertogenbosch, cidade florecente no século XV, no Ducado de Brabante (Brabant), no sur da actual Holanda. O 13 de xuño de 1463, arredor de 4000 casas da cidade ficaran destruídas por un pavoroso incendio, do que Bosch, cuns trece anos de idade, foi testemuña.[2]
Un feito importante na súa vida foi o casamento en 1480 ou 1481 con Aleid van der Mervenne que proviña dunha importante familia de comerciantes e que achegou unha casa preto da Casa do Concello, onde Bosch estableceu o seu taller e se converteu en pintor autónomo, e amizades dun importante nivel social.[3]
Foi un pintor popular e recibiu encargos incluso do estranxeiro. En 1488 afiliouse á Irmandade da Nosa Señora, unha confraría relixiosa conservadora, que agrupaba uns 40 individuos influentes de 's-Hertogenbosch e uns 7000 en toda Europa.
Moitas das súas obras describen o pecado e os fallos da moral humana. Bosch usaba imaxes de demos, animais semihumanos e máquinas que evocan o medo e a confusión que retratan a maldade do home. As obras súas conteñen un complexo, orixinal, imaxinativo e denso uso de figuras simbólicas e iconográficas, moitas das cales eran xa misteriosas e enigmáticas no seu tempo.
Tamén influíu nos artistas contemporáneos. Pódese ver certa influencia do Bosco na obra de Goya como no Aquelarre de meigas.[4] Foi unha fonte de inspiración para o movemento surrealista do século XX, que foron os máis fascinados e consideraron ao Bosco como un precursor.[5] Para André Breton, a obra constitúe unha pauta de lectura para comprender o poema en prosa de Flaubert titulado La Tentation de saint Antoine (1874).[6] Dalí inspirouse na figura humana que xorde por pareidolia no rochedo que se atopa no centro do panel da esquerda para crear a súa obra do “Gran Masturbador”.[7][8] Porén, os investigadores destacan que esta obra forte e imaxinativa é portadora de interpretacións que non se percibiron na propia época da súa creación.[9]
Marijnissen centrou a cuestión cando declara que: “Dicir que o Bosco foi un surrealista avant la lettre, é para o historiador unha herexía”, mais matizou o seu propósito cando constata que “os que examinan a obra dende un punto de vista exclusivamente artístico recoñecerán que o Bosco descubriu un dos trucos máis eficaces do surrealismo, a creación do método máis lóxico para devolver a imaxe máis ilóxica".[10]
Na cultura popular de finais do século XX e comezos do XXI, o tríptico constitúe unha sólida fonte de inspiración. En 1995, o realizador Tony Kaye realizou unha publicidade para o perfume L'Air du temps de Nina Ricci cunha estética que evocaba o xardín das delicias.[11] En xuño de 2009, no Festival Montpellier Baila, a coreógrafa e directora franco-española Blanca Li propuxo a creación dun espectáculo coreográfico para 9 bailarines e un pianista titulado “O xardín das delicias” e presentado como inspirado no cadro do Bosco.[12][13]
Entre as súas obras máis coñecidas están:
ceux qui examinent l'œuvre d'un point de vue purement artistique reconnaîtront que Bosch a découvert un des artifices les plus efficaces du surréalisme, en l'occurrence la méthode la plus logique pour rendre l'image illogique" (os que examinan a obra dende un punto de vista puramente artístico recoñecerán que Bosch descubriu un dos mecanismos máis eficaces do surrealismo, na reunión do método máis lóxico para devolver a imaxe ilóxica).
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hieronymus Bosch ![]() |